Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Axenda deportiva para a fin de semana do San Martiño

Axenda deportiva para a fin de semana do San Martiño
Baio-Zas de xuvenis-Foto-Alba Diaz Cancela

Fin de semana completísima esta segudna de novembro na Costa da Morte con baloncesto, voleibol, balonmán, taekwondo, tenis de mesa, fútbol sala, surf e ata unha festa do Peón.

E tras ollar o parte de sancións, analizamos a xornada no fútbol da Costa. Comezando por arriba, pola Preferente, que abre o Soneira o sábado ante o Sada, equipo que só suma 6 puntos, e unha vitoria vimiancesa pode ser a tranquilidade para moitas xornadas. Ademais, o Dumbría visita Mugardos para seguir escadando, mentres que o Xallas de Santa Comba non pode perder máis o ritmo dos de arriba e ten que vencer ao Silva, equipo que de sorprender en Fontenla mesmo superaría aos xalleiros.

O que era o partido da semana na 1ª queda finalmente aprazado, e o derbi entre Ponteceso e Malpica xogarase o 06 de febreiro. Ademais, o Camariñas recibe ao Cacheiras para facerlle un favor ao Fisterra, mentres que o cadro de Juan Jesús, moi necesitado de puntos, visita ao filial do Bertamiráns.

Interesantes choques esta semana na , como ese Corme-Carnota que medirá as forzas dun aspirante en horas baixas co equipo revelación da temporada. Ademais, Miraflores acollerá un quente derbi entre Volantes e Muros, o primeiro oficial entre laranxas e celestes.

En , o sábado hai un máis que intenso Independiente-Ameixenda, que pode determinar moitas cousas. Ademais, o Camelle non pode perder co Castrelo se non quere perdelo tren. I é que o domingo, o Porteño terá que superar a visita de Arliña, ante un Muxía que cada día xoga mellor pero que aínda non consegue resultados, para seguir imbatido. O Cerqueda-Coristanco pasa por ser o choque máis igualado.

Haberá partidazos nas Ligas Xuvenís, como o Dumbría-XSC da mañá sabatina, ou o Cee-Fisterra da tarde. Polo norte, o Ponteceso-Malpica, será un partidazo.

Preferente, xornada 12

Soneira 10/11 - 17:00 Sada
Mugardos 11/11 - 16:00 Dumbría
Xallas StComba 11/11 - 16:00 Silva

1ª Autonómica, xornada 11

Camariñas 11/11 - 16:15 Cacheiras
Ponteceso 06-12 - 17:00 Malpica
Bertamiráns B 11/11 - 16:30 Fisterra

2ª Autonómica, xornada 11

Corme 11/11 - 16:00 Carnota
San Lorenzo 11/11 - 16:15 Cee
Dumbría B 11/11 - 16:15 Corcubión
Esteirana 11/11 - 16:15 Buño
Baio 11/11 - 16:15 Cabana
Muros 11/11 - 16:15 Volantes
Mazaricos 11/11 - 16:15 Castriz
Zas 11/11 - 16:15 Outes
Montelouro 11/11 - 16:15 Sofán

3ª Autonómica, xornada 11

Camelle 10/11 - 16:15 Castrelo
Indep. Carballo 10/11 - 17:00 Ameixenda
Lira 11/11 - 16:15 Baíñas
Fisterra B 11/11 - 16:15 Nantón
Muxía 11/11 - 16:15 Porteño
Corcoesto 11/11 - 16:15 Soneira B
Cerqueda 11/11 - 17:00 Coristanco
Xaviña 11/11 - 18:30 Laxe
  • Descansa Alcaián.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 11

Dumbría 10/11 - 11:30 Xallas StComba
Soneira 10/11 - 12:00 Outes
Corcubión 10/11 - 16:15 Mazaricos
Cee 10/11 - 17:30 Fisterra
Esteirana 11/11 - 11:30 Muros

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11

Camariñas 10/11 - 16:00 Cabana
Muxía 10/11 - 16:15 Baio
Zas 10/11 - 16:15 Laxe
Coristanco 10/11 - 16:15 Corme
Malpica 10/11 - 16:15 Ponteceso

Liga Galega Cadete, xornada 9

Dumbría 10/11 - 16:30 Imperator
Xuventude Oroso 11/11 - 12:30 Bergantiños

Liga Galega Infantil, xornada 10

Val do Ulla 10/11 - 12:30 Dumbría
Bergantiños 11/11 - 12:00 Residencia

1ª Cadete, xornada 3

Cee 10/11 - 10:30 Muros
Esteirana 10/11 - 10:30 Muxía
Con. de Carnota 10/11 - 10:30 Cabana
Fisterra 10/11 - 10:30 Ponteceso
Outes 10/11 - 10:30 Baio
Porteño 10/11 - 16:15 Xallas StComba
Zas 11/11 - 10:00 Coristanco

1ª Infantil, xornada 8

Cee 10/11 - 15:45 Fisterra
Outes 10/11 - 17:00 E.M.F. Vimianzo
Cabana 11/11 - 10:30 Sofán
Ponteceso 11/11 - 10:30 Xallas StComba
Coristanco 11/11 - 10:30 Baio
As Baleas 11/11 - 10:30 E.D. Os Miudos
Muxía 11/11 - 10:30 Corme
  • Descansa Esteirana.
  • O Cee-Fisterra alterou a orde dos campos.

  • Ligas de Veteranos, xornada 9

    1ª División

    Bértoa 11/11 - 10:00 Soneira
    Nantón 11/11 - 11:00 Coristanco
    Castriz 11/11 - 11:00 Ponteceso
    Vimianzo 11/11 - 11:00 Baio
    Xv. Bergantiños 11/11 - 11:00 Cabana
    San Lorenzo 11/11 - 12:00 Bergantiños
    Zas 11/11 - 12:00 Camariñas
    San Román 11/11 - 12:00 Corcubión Vet.

    2ª División

    At. Milagrosa 11/11 - 09:30 Muros
    Dep. Carballo 11/11 - 10:00 Poniente
    Buño 11/11 - 10:00 Laxe
    Corcoesto 11/11 - 11:00 Sofán
    Leiloio 11/11 - 11:00 Corme
    Cerqueda 11/11 - 12:00 Agualada
    Porteño 11/11 - 12:00 Malpica
    • Descansa Camelle.

    Fútbol Sala

    - 2ª División Estatal: Despois da importante vitoria da semana pasada ante o Flaviobriga cántabro, as rapazas do Fisober reciben este fin de semana ó Guarnizo (Santander), no que será a 5ª xornada na 2ª División.
    O partido disputarase o sábado ás 18:00 h no Polideportivo de Baiñas.

    - Liga Provincial: O Concello de Ponteceso FSF dencassa, e o equipo filial do Fisober B enfrontarase ó Manureva o sábado ás 17:00 h no Municipal Ponte dos Brozos de Arteixo.
    - Liga Provincial: Esteirana - BeArt 5 Coruña F.S.: 10/11/2012 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.


    Surf en Malpica

    A cita coa 6ª Proba do Circuito Gallego Infantil e Xuvenil na praia de Area marior de Malpica será o vindeiro sábado día 10 de novembro.


    Balonmán

    - 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado no Pavillón municipal de Camariñas, O Areal, ás 17:30 horas presenciaremos un dos partidos mais decisivos desta primeira fase Conservas Boya – Rasoeiro do Grove.
    - 1ª Autonómica Feminina: o sábado, tralo partido masculino, ás 19:00h, o Bm. Encaixe enfróntase ao S.A.R. de Redondela.
    - 1ª Estatal: A vindeira xornada depara o derbi provincial co OAR Coruña, equipo que marcha por debaixo dos carballeses, e que logo dunha moi boa pretempada está a sufrir moito motivado polas baixas cas que tivo que iniciar a liga. O escenario: Pavillón San Francisco Javier, o sábado ás 18:30 horas.


    Taekwondo

    Este sábado Arte e Movemento acode ó Campionato Galego de Combate junior, que se celebra en As Pontes. E o fai con dous rapaces de 16 anos, Juan Alvarellos (Cee) e Cristian Domínguez (Cee). Sorte aos dous.


    Baloncesto

    O pavillón de Brens, a pista habitual da familia do ACB Costa da Morte, acolle este sábado 10 de novembro unha auténtica tarde de baloncesto:

    - 16:00h Cadete masculino: Acb Costa da Morte - Arteixo.
    - 18:00h: Infantil feminino: Acb Costa da Morte - Basquet Coruña Maristas A.
    - 20:00h : Senior feminina: E.S.Bazarra Acb Costa da Morte - Fixagal María Pita.


    Tenis de mesa

    Incertidume nos encontros de 3ª pois os equipos teñen moitas variacións dun ano para outro. O Concello de Zas O Gaiteiro debe gañar para seguir liderando o grupo. O Concello de Zas O pInar pode dar a sorpresa no recen descendido Hípica a pouco que se confien.
    En 2ª galega o Concello de Zas Aquacenit debería regresar con dúas vitorias e así colocarse no medio da táboa do seu grupo.

    3ª galega grupo noroeste: Sábado as 17'00 h na Sociedade Hípica de A Coruña.
    - Hípica Coruña "B" - Concello de Zas O Pinar.
    - Domingo as 11'00 h en Andeiro (Cambre): Cambre Promesas - Concello de Zas O Gaiteiro.

    2ª galega grupo centro: Domingo a partir das 9'30 h no pavillón municipal de Sigüeiro (Oroso):
    Panadería Sigüeiro - Concello de Zas Aquacenit e a continuación.
    Oroso Valoriza - Concello de ZAs Aquacenit.


    Voleibol

    Este sábado 10 de novembro:
    - Infantil femenino: 10:00h – CV Pontevedra – Manuela Rial. En Pontevedra.
    - Infantil femenino: 16:00h – CV Boiro -Manuela Rial. En Boiro.
    - Infantilmasculino: 16:00 h CV Boiro Manuela Rial. En Boiro.
    - Cadete femenino: 17:30h – CV Boiro – Voleibol Dumbría. En Boiro.
    - Xuvenil masculino: 17:30h: CV Boiro – Voleibol Dumbría. En Boiro.


    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos deportivos

    Fonte

Comentarios