Venres. 29.05.2020
El tiempo

Balomnán: Sumando para seguir medrando

Balomnán: Sumando para seguir medrando
Bm Camarinas no Grove O Bm. Camariñas puntuou no Grove Non falla o Xiria. Asegurada a praza na Fase de Ascenso á División de Honra B, o cadro verde segue gañando partidos (fíxoo en Bueu) esperando un tropezo do At. Novás que nunca chega. Gran punto do Bm. Camariñas no Grove ante un rival da zona baixa, ao que deixan 3 puntos por abaixo. Os de Moncho Canosa, dirixidos por un estelar Alan (que ademais anotou o empate sobre a bocina), romperon unha serie de 7 derrotas e seguen en zona morna. A mala nova chegou dende Santa Comba, onde os do Bm. Xallas sufriron a derrota máis dura da temporada ante un equipazo.

1ª División Estatal Masculina, x.27

  • Resultado: Bm. Rasoeiro - Bm. Camariñas (22-22)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan (10), Sergio (2), Damián, Fabio (1), Fran Carril (2), Cristian Antelo (3), Fabián (3), Xabi (1).
Complicado desprazamento ao Grove, do cadro conserveiro co ánimo de romper a serie de 6 derrotas consecutivas e de puntuar nunha pista na que poucas veces o fixeron. Ademais con 1 porteiro e só 8 xogadores de campo a cousa se formulaba complicada. Pero os de Moncho Canosa deron un plus, intentando impoñer un ritmo baixo que permitiría chegar con forzas ao final do partido. Foron manténdose as diferencias no marcador gracias a un Alan espectacular, que mantiña vivo ao cadro conserveiro, deixando un igualado 12-9 ao descanso. No ecuador do segundo parecía que o Rasoeiro marchaba co partido (6 arriba), pero unha reacción baseada nunha defensa colectiva e a portería fixo dar a volta ao marcador 20-21 a falta de 2 minutos. Unha exclusión e un penalti volveron poñer ao Rasu por encima 22-21. Pero no último segundo, falta e un lanzamento directo a favor co reloxo a cero. Foi Alan, a estrela da noite, a que despois de tirar do equipo durante os 60 minutos, marca o empate. Próximo fin de semana recibimos ao colista Bm Porriño sin cabida para a sorpresa (Camariñas 18,30)

1ª División Estatal Masculina, x.27

  • Resultado: Bueu At. Bm - Calvo Xiria (25-29).
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López (2), Brais Puñal, Pablo Iglesias (2),Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (2),Chimpo (3), Miguel Suárez – Pumariega.
Comezaba o Bueu cunritmo alto, con moita intensidade, e empurrados por unha afección fervente. Comezaba mandando o cadro local pero pronto o Xiria igualada a contenda para marchara aos vestiarios en empate, a pesar das imprecisións visitantes. Na segunda, foi clave a mellora defensiva dos verdes, pero o partido non se definiría ata os últimos 10 minutos, curiosamente cun home menos na pista.  

2ª Autonómica, xornada 22

  • Resultado: Bm. Xallas - Campus Ourense (16-42)
O peor partido da tempada contra un dos de arriba. Os ourensáns foron o mellor equipo que pasaron por Fontenla, cun ritmo altísimo durante os 60 minutos, que superou en todas as facetas aos verdes. “Un exemplo do que aprender”, valoran os xalleiros, que xa miran á vindeira xornada.  

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

comentarios