Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Balonmán: Cun pé na fase de ascenso e o ollo no Handball Festival

Balonmán: Cun pé na fase de ascenso e o ollo no Handball Festival
Fran-do Calvo Xiria contra-Porrino Fran, do Calvo Xiria, contra o Porriño

6 puntos saca xa o Calvo Xiria ao 3º clasificado (o Bm. Lalín), trala disputa da xornada 25, con só 5 por diante. Un paso xigante para asegurar unha nova Fase de Ascenso e poder soñar coa División de Honra Prata. Despois do parón de Semana Santa será precisamente o Lalín o que visite Carballo, no que pode ser unha final.

Pola contra, o BM. Camariñas sumaba unha nova derrota, e xa van 6 e un empate nas últimas 7 xornadas) quedando con só 4 puntos sobre os 3 de abaixo, e vendo como os equipos do seu grupo van escapando da zona perigosa.

O que si sumaba unha boa vitoria para ir contentos ao descanso, foi o Bm. Xallas, quedando na 10ª praza con 14 puntos.

Carballo Handball Festival

As Escolas Balonmán Xiria aproveitan o parón de Semana Santa e organizan un ano máis, coa colaboración Carballo a un paso e de Carballo Deporte, o Carballo Handball Festival. A cita, de carácter non competitivo, terá lugar nos pavillóns Vila de Noia e do CEIP Fogar os vindeiros días 29, 30 e 31 de marzo, e reunirá a 11 clubs de todo o estado, 33 equipos e cerca de 500 xogadores das categorías benxamín, alevín e infantís masculina e feminina. Participarán, ademais dos equipos o club anfitrión, representantes do Ademar de León, Balonmano Ribadesella, Balonmán Rodeiro, Atlético Novás, Balonmán Lalín, Rasoeiro Balonmán, Balonmán Atlántico, Gijón Jovellanos, Balonmán Camariñas e Academia Octavio.

1ª División Estatal Masculina, x.25

  • Resultado: Bm. Porriño - Calvo Xiria (15-29)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey (1), Pablo Iglesias (3),Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (4), Chimpo (2), Miguel Suárez – Pumariega (6).

Na primeira metade sentenciaba o Xiria ante o último clasificado. Saíron serios e sen confianzas e así se notou, cunha defensa moi férrea e un ataque fiable.

1ª División Estatal Masculina, x.25

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Chapela (25-19)
O partido foi moi disputado e cos dous equipos apostando polas súas armas: o Camariñas desplegando un moi bo xogo dinámico con diferentes variantes non deixando que a súa defensa estivera cómoda, e o Chapela con accións máis individuais e buscando o pivote na zona central. Sempre con ventaxas de 3, 4, 5 goles para Camariñas ata o 23-20 a falta de 8 minutos. A partir de aí, non sendo capaces de cerrar o partido con varios erros de lanzamento en claros contraataques, os visitantes consiguen acercarse explotando o 2x2 no centro, onde se notan máis as baixas conserveiras. E con 24-23, e a falta de 5 minutos, aparecei unha discutida arbitraxe, con varios penaltis e exclusións que sacan aos locais do encontro. Á volta da Semana Santa, outro partido vital na casa para o futuro dos conserveiros.  

2ª Autonómica, xornada 21

  • Resultado: Bm. Xallas - Granitos Ibéricos Carballal (15-12)
  • Bm. Xallas: Martin (p), Fran (p), Raul (7), Dani, David (1), Samuel (1), Mario (1), Marcos (2), Alex, Eloy (3), Javi, Juan e Gonzalo.
Recibía o Xallas ao Balonmán Carballal en Fontenla coa única intención de conseguir a victoria, o equipo non podería contar con Miguel Barbeira no banquillo logo de ser sancionado con 5 partidos debido ao incidente da xornada pasada. Saían os xalleiros con poucas ideas en ataque, e que ante un porteiro que estivo acertado non conseguia facer goles. O Xallas mantívose grazas á boa defensa e ás intervencións de Martín, que imposibilitaban os goles do Carballal, chegando ao descanso con un escaso 8-6. Na segunda metade o xogo volvíase máis intenso, as defensas facíanse mais duras e as exclusións comezaban a facer dano ao Carballal, que recibía a terceira exclusión e a descalificación por acumulación, que xunto unha nova exclusión, facían xogar aos vigueses con 4 xogadores de campo. Aproveitaba o Xallas para ampliar a renta a 4 goles, que se antoxaban suficientes para rematar o partido con certa tranquilidade, pois os goles pagábanse caros para os dous equipos. A proxima xornada visitarán Meaño para xogar contra o Asmubal Meaño, 4º clasificado a 2 puntos do ascenso.

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios