Venres. 29.03.2024
El tiempo

Balonmán: Líderes

Balonmán: Líderes
Ponse de líder o Bm. Camariñas na Autonómica mentres o Calvo Xiria mantense invicto, compartindo a praza de líder co At. Novás. As que non puideron gañar o seu partido foron as xogadoras do Goldie Xiria, que caeron en Cangas.

1ª Autonómica, xornada 2

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (32-22)
  • Parcial ao descanso: 14-11.
  • Balonmán Camariñas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (4), Fary (9), Eusebio (2), Checho (1), Damián, Fabio, Catalán (11), Xosé, Héctor, Fran, Antelo (1) e Moncho (4).
Acolleu o Pavillón "O Areal" de Camariñas o pasado venres o partido adiantado da segunda xornada. Preto de 200 espectadores alentaron aos camariñáns neste primeiro partido en casa da liga autonómica, e o segundo "derbi" provincial. A semana pasada gañábase en Culleredo e esta semana volvíase a gañar, esta vez ante o sempre correoso Pontedeume. O Balonmán camariñán sitúase líder con 2 vitorias en 2 encontros.

1ª Estatal, Gr. A, xornada 4

  • Resultado: Calvo Xiria - Poio Artai (34-12)
  • Parcial ao descanso (18-7)
  • Calvo Xiria: Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (3), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Pablo Iglesias (8), Sergio Facal (2), Julián López (1), Mario García, Uxío Batán (5), Iván Calvo (9).
Partido cómodo no Vila de Noia para o cadro carballés, e xa dende o primeiro minuto demostraron a súa superioridade, deixando ao cadro local en 2 goles durante os primeiros 15 minutos cun parcial de 9-2. Durante os segundos trinta minutos non se permitiu baixar o ritmo para evitar contactos infortunados que puideran derivar en novas lesións. No apartado positivo hai que sinalar os nove goles de Iván e o descanso de xogadores que levaban os tres partidos anteriores completos ás costas.

1ª Autonómica feminina

  • Resultado: Balonmán Cangas - Goldie Xiria (18-9).
  • Parcial ao descanso (11-5)
  • Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse , Leticia Casal, Raquel Gómez 1, Adriana Gómez, Zeltia Landeira 1, Juana Garrochena 2, Sheila Ferreiro, Laura Carracedo 1, Ainoa Míguez, Alba Rodríguez, Marta Regueira 2 e Elena Segade 1.
Goldie Xiria Mal día do Goldie Xiria que en ningún momento se atopou cómodo na pista diante dun rival que foi superior dende o inicio. Comezaba dominando o Cangas no marcador e ao Xiria éralle moi complicado conseguir anotar, non tiñan o día as lanzadoras de primeira liña o que aproveitou a porteira rival Lorena para realizar un tremendo encontro, ao Goldie custáballe enlazar o seu xogo de ataque ante unha defensa que se amosaba dura e contundente, e foi desperdiciando os minutos ata ese 11 a 5 no descanso.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios