Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Balonmán: Unha permanencia sufrida en Camariñas e unha ilusionante fase de Ascenso en Santoña

Balonmán: Unha permanencia sufrida en Camariñas e unha ilusionante fase de Ascenso en Santoña
O Bm. Camariñas celebrando a permanencia-Foto-Jose Campana O Bm. Camariñas celebrando a permanencia-Foto-Jose Campana

Rematou a Liga Regular de 1ª Estatal e os nosos dous equipos cumpliron os seus obxectivos. O Calvo Xiria acabou a temporada cuns números tremendos (25 vitorias, 2 empates e 3 derrota), meténdose, un ano máis, na fase de ascenso a toda unha División de Honra B. Santoña acollerá esa Fase Final do 18 ao 20 de maio, e ata alí seguro que se despraza unha gran expedición verde.

Tamén o Bm. Camariñas cumpliu o o seu obxectivo, que non era outro que o da permanencia. E ao ser tan sufrida, e despis de tantas dificultades, ata sabe mellor. Conseguiuno nunha batalla final que podería ter sido un paseo (unha inoportuna sanción deixou a salvación pendente desta última vitoria), pero aos conserveiros vanlle as heroicas. Vencía na casa ante a mellor afección da categoría, e manterase un ano máis na 1ª Estatal.

Tamén rematou a temporada o Bm. Xallas na 2ª Autonómica, e o fixo mellorando os números do ano pasado. Neste o segundo ano na categoría acadou un 10º posto con 9 vitorias e 17 derrotas. 18 puntos para os xalleiros, que dou moito que facer a equipos moi superiores no papel, e fixo de Fontenla unha das pistas máis respectadas da categoría.

Fase de Ascenso a División de Honra B

ACV Bm. Santoña (1º Gr. B), Cajasur Córdoba (1º Gr. F), e Bm. Elda Eldense de Alicante (2º Gr. E) son os rivais do Calvo Xiria para conseguir o ascenso á División de Honra B. Unha Fase que se disputará en Santoña do 18 ao 20 de maio. Estes serán os encontros que terá que superar o Calvo para quedar de 1º:

  • X.1 (18/05): ACV Bm. Santoña - Calvo Xiria.
  • X.2 (19/05): Cajasur Cordoba De Balonmano - Calvo Xiria.
  • X.3 (20/05): Calvo Xiria - Bm Elda C.E. Eldense.
 

1ª División Estatal Masculina, x.30

  • Resultado: Calvo Xiria - Luceros (33-19)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p) (3), Andrés Vila (2), Carlos Vilanova, Gabriel Castiñeiras (3), Julián López (3), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (4), Sergio Facal (2), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (1), Chimpo, Miguel Suárez – Pumariega (3).
Juanca-finta-672x372 O Calvo Xiria afrontará unha dura fase de Ascenso

Frío encontro no Vila de Noia (non se xogaban nada ningún dos dous equipos) cun Xiria moi superior en todo momento. Agás no inicio, que comezaba con vantaxes visitantes. Pero pronto puña a maquinaria a funcionar o equipo verde para marchar 18-7 ao descanso. A segunda metade foi de trámite.

Agora o cadro verde viaxará a Santoña a soñar co ascenso.

 

1ª División Estatal Masculina, x.30

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Bueu (25-23)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (7), Eusebio (5), Sergio, Gonzalo Pombo (2), Damián, Fabio, Cristian Canosa (1), Fran Carril (1), Cristian Antelo (1), Fabián (7), Xabi (1).
Así foi a última batalla do Bm. Camariñas no Area-Foto-Emilio Roca Así foi a última batalla do Bm. Camariñas no Area-Foto-Emilio Roca

Necesitaba vencer o Camariñas para manter a categoría, e arroupado por unha afección, coma sempre, impresionante, os conserveiros venceron a final ante un Bueu que nada se xogaba. Unha vitoria baseada na “unión e sacrificio, nun deses partidos nos que hai que ter personalidade e o grupo demostrouna”, como nos conta o adestrador Moncho Canosa.

O equipo camariñán entrou no encontro con tensión pero cas ideas claras, e estando sempre por diante ata chegar ao descanso 13-12. Na segunda metade tocou subir o nivel defensivo para poder correr á contra conseguindo un 23-18 á falta de 10 minutos.
Unha reacción do Bueu con defensa individual que parecía que si que tiñan moitas cousas en xogo, puxo o 23-23 no marcador.

Nos últimos minutos conseguiron os locais pechar o encontro empurrados polos Boya Blues.

Os Boya Blues co Bm Camarinas-Foto-Emilio Roca Os Boya Blues, a mellor afección da categoría-Foto-Emilio Roca  

2ª Autonómica, xornada 23

  • Resultado: Bm. Deza - Bm. Xallas (28-18)
  • Bm. Xallas: Martín Fernandez (p), Fran Leira (p), Alex Castro, David Barbeira, Gonzalo Camiño, Javier Viqueira, Juan Carlos Lois, Marcos Braña e Samuel Castelo.

Viaxou o Xallas a Lalín para enfrontarse ao campión de liga, o Deza, cun plantel xusto de efectivos, no último partido da 2ª División autonómica. Non foi un partido vistoso, desde o comezo o Deza colleu unha vantaxe de 3 goles que os xalleiros aguataron 15 minutos. As intervencións na portería salvavan os erros defensivos. Pero a partir do primero cuarto de partido a defensa lalinense comezou un traballo de interceptacións e disuasións na circulación de balón, que provocaban perdidas e saídas á contra que ampliaban a renta ata os 10 goles.

Na segunda metade comezaba como a primeira, as boas intervencións da portería impedía aumentar rentas, mentres que no ataque as perdidas de balón impedían recortar máis de 3 goles. Partido de trámite con vitoria do Deza, que celebraba a liga e o ascenso a 1ª autonómica con 24 victorias e soamente 2 derrotas.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios