Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Basket: O Xiria volve meterse na loita pola EBA

Basket: O Xiria volve meterse na loita pola EBA
Calvo Xiria BasketCalvo Xiria Basket Este ano si pode ser. Son boas as sensacións no Basket Xiria neste comezo da fase de ascenso á Liga EBA. Caía na primeira xornada pero nesa segunda recuperaba a senda da vitoria nun choque ante o Tui, nun ateigado Vila de Noia, onde os afeccionados ademais continuaron coa súa colección de cromos. Na 3ª Galega, derrota clara do ACB que segue sen atopar a senda do triunfo, e derrota apretada do Artai en Laracha. Este domingo, no pabellón Vila de Noia de Carballo, derbi entre Artai e ACB.

Familia Xiria

Fase de Ascenso á Liga EBA, xornada 2

  • Resultado: Calvo Basket Xiria - CB Tui Seta (78-73).
  • Basket Xiria: Javi (2), Jorge Guillamet (4), Peli Esmorís (30), Manu Rey (8), Luis Gómez (9), Pablo Moreira (16), Rubén Cristóbal (2), Roi (5), Fran (2).
Tardou en entrar o Xiria no encontro e no atopba tiros cómodos. Ademais o rebote ofensivo permitía que os visitantes marchasen 9 arriba no primeiro cuarto. Pero cambiou o conto nun segundo cuarto no que anotaron nada menos que 25 puntos gracias á intensidade, e ao acerto, deixando o marcador case que igualado ao descanso. Reaccionaron os pontevedreses na segunda metade pero os locais non se descompuxeron e se mantiveron no partido. Foi no último cuarto no que o acerto no tiro exterior dos carballeses, unido ao domino no rebote e unha intensa actividade defensiva permitiu aos verdes levar o partido, e

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino, xornada 15

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FUNDACIÓN CULLEREDO (36-60)
En liñas xerais bo partido dos ceeses tendo en conta os últimos partidos realizados, no que se enfrontaban a un dos equipos que estan a loitar por unha das plazas que dan acceso á fase de ascenso. Saíron moi ben en defensa, e anotando certos tiros abertos e penetracións en ataque, ainda que o que mais se salientaba era a defensa, na cal, se roubaban balóns para acabar en cóodos contraataques, tanto que o primeiro cuarto acabou cun tanteo de 12-12. No segundo período, a tónica continuou igual, tuteando aos visitantes, que en moitos momentos non eran quen de atopar unha forma de atacar que sexa máis efectiva, polo que ao descanso, o marcador era desfavorable aos ceenses por só 4 puntos. Á volta, un cambio na forma de defensa de Fundación, presionando moito as liñas de pase, fai que os ceenses perdan numerosos balóns, o que permitiu incrementar a diferenza a favor dos visitantes. Con todo, gran partido no que se deu a cara e cun claro cambio de actitude que xa se viu no anterior partido. Nas categoráis base derrotas dos infantís ante os Rosales B e das Infantías ante o Santo Domíngo nun fermoso e igualadisimo partido disputado en Betanzos. Pola súa banda, os cadetes caían con rotunidade ante un potente Basket Coruña.  

Familia Artai

3ª División Sénior Masculino, xornada 15

  • Resultado: C.B. LARACHA M3 - CB CALVO ARTAI (72-70)
  • Parciais: 19-11, 9-22, 20-21, 24-16
  • CALVO ARTAI.: Jaime Sueiro (14), Abrahan Parcero(17), Alesandro Pérez (11), Fernando Mariño (10), Sergio Cebral (14), Dani Otero, Andrés Puente (4). Pedro Trigo, Adrian.
Choque do Artai en Laracha Choque do Artai en Laracha Emocionante partido disputado entre o CB Laracha e o CB Artai nun derbi local de dous equipos de altísimo nivel. Gran afluencia de afeccionados de ambos equipos nas gradas, coñecedores de que se ía a ver un gran partido xa que estaba en xogo de xeito anticipado o posible acceso á fase de ascenso cando aínda quedaban catro xornadas para finalizar a segunda volta da competición./p> Empezou o partido o equipo local moi centrado e metido no xogo, que unido ás numerosas imprecisiones do equipo carballés nos pases, propiciou que os primeiros dez minutos terminasen cun resultado de 19-11. Púxose as pilas no segundo cuarto o CB Artai, e cunha gran defensa unida a rápidos ataques liderados pola súa base Fernando Mariño e Alesandro endosaron un contundente parcial de 9 a 22 que permitiu irse ao descanso ao equipo visitante cunha vantaxe de cinco puntos: 28-33. O terceiro cuarto caracterizouse pola súa gran dureza física, na que cada canastra custaba sangue, suor e bágoas ata nalgúns momentos, debido á incrible intensidade que se chegou a percibir en moitas accións do xogo. Foi un cuarto longo, caracterizado por un gran número de lanzamentos de tiros libres e por un esquema de xogo non moi definido por ambos equipos pero que permitiu anotar 20 puntos aos locais e 21 aos visitantes, chegando ao último cuarto cun resultado de 48 a 54. Resultado engañoso, xa que nos inicios, o equipo carballés chegou a liderar o encontro por 15 puntos de vantaxe, pero que aos poucos foron diluíndose ata o resultado antes sinalado. Comezou o último cuarto cos dous quintetos fortes de ambos equipos en pista, dispostos a batallar ata o útlimo segundo para conseguir a vitoria. As canastras fóronse intercambiando por ambos equipos de forma máis ou menos fluída aínda que o Artai sempre lideraba o marcador, ata que faltando dous minutos para finalizar o encontro, a presión exercida polo equipo de Javier Cotelo tras canastra anotada, deu os seus froitos e provocou varias perdidas de balón que colocaban ao Laracha cinco puntos por encima. Parecía xa todo perdido para o CB Artai, pero con 55 segundos para o final, un gran triplo de Alesandro colocaba o marcador con só dous puntos de vantaxe para os locais. Tralo tempo morto solicitado polo Laracha, volveuse ao terreo de xogo, non conseguindo anotar os laracheses e tendo oportunidade o equipo carballés de empatar o partido, pero erró no seu ataque, e xa pouco máis se puido facer.

Cadete Masculino

Boas novas na base escolar. O equipo cadete masculino xogará a fase de ascenso a liga galega tras finalizar a primeira fase da competición como líder do seu grupo con pleno de vitorias, catorce de catorce. Do grupo das carballeses tamén pasou o Ferrol CB (doce vitorias e dúas derrotas), do primeiro grupo pasa Escravas da Coruña, invicto, como os carballeses e do terceiro dos grupos pasa o KFC Culle de Culleredo, cunha derrota na liga. Os catro equipos xogarán unha liguilla a dobre volta, é dicir, un total de seis partidos no que os dous primeiros xogarán a fase definitiva co resto dos grupos de Galicia. A fase empezará o fin de semana do 10 de marzo e o calendario da mesma coñecerase esta semana.  

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios