Basket: Volveu o baloncesto con regalo tardío de Reis
Volveu o basket á Costa neste 2017, e o fixo con diferentes sabores de boca. Por Cee, a mala sorte deixou sen premio a varios dos equipos, se ben o gran traballo do equipo sénior debe servir para conseguir pronto a primeira vitoria.
Por Carballo, se as mozas do Vázquez y Reino aínda non disputaron o primeiro partido do curso (aprazouse o choque coas Fontiñas), os mozos do Calvo Xiria si que comezaron o ano como remataron o anterior, vencendo e colocándose nada menos que na 3ª praza compartindo o liderado con San Felipe e Culleredo.
Os que si que disfrutaron da fin de semana dun xeito especial foron os membros da familia das Escolas Basket Xiria, que desprazou a 107 persoas a Santiago de Compostela, para ver o partido ACB entre o Obradoiro CAB e o Montakit Fuenlabrada. Os rapaces disfrutaron dunha fermosa xornada e soñaron con ser algún día estrelas do deporte da canastra, xa que viron moi de cerca a algúns dos seus ídolos. Ademáis, 10 xogadores de categoría infantil, puderon disfrutar a pé de pista do partido, e xogar un partido ante máis de 5.000 espectadores. Unha cita que lembrarán por moitos anos.
1ª División Autonómica Masculina, xornada 9
- Resultado: Calvo Basket Xiria - C.B. SARRIA (55-51)
- Calvo: Anxo (9,1 triple), Javi (5, 1 triple), Héctor (2), Jorge, Peli (19, 1 triple), Manu (16, 4 triples), Roi (2), Luciano, Fran, Tato (1), Luis e Moreira.
Un dos que estaba no alto da clasificación visitaba o Vila de Noia, un Sarria que endosara unha derrota por 20 puntos na ida. Pero este Calvo é outro Calvo, e nun choque igualado, de grandes defensas e pouco acerto, os carballeses aguantaron mellor o treito final.
Comezou mellor Xiria, que da man dun acertado Manu Rei, con 8 puntos consecutivos, conseguía irse 10 a 4 en só tres minutos. Pero a partir de aí, o desacerto apodérase dos dous equipos. A cousa iría a peor no segundo cuarto, coas rotacións, pero a defensa mantivo ao equipo no partido.
Tralo descanso, o Xiria mellora en ataque pero o Sarria non decae. No último cuarto o cadro lucense levaba sempre unha pequena vantaxe ata que aparece por fin o acerto nos locais, que é capaz de anotar 4 triplos (1 Peli, 1 Javi e 2 Manu), que dan a volta ao marcador e asinan un parcial de 21 -14 no ultimo cuarto.
Así de fácil as enchufa Peli:
https://www.facebook.com/carballobasket.xiria/videos/1564804466870552/Familia ACB
Só o infortunio pode explicar como tanto os sénior como os cadetes masculinos non conseguiran levarse a vitoria, os primeiros nun partidazo en Cambre que se decidiu cunha canasta a falta de dous segundos e os cadetes na prórroga, nun partido que tiñan ganado. A nota positiva e unha nova vitoria do equipo infantil masculino, que segue intratable na liga.3ª Autonómica
- Resultado: CB CAMBRE – C.E. CUME COSTA DA MORTE (68-67)
- ACB: Manu (12, 2T); Christian V.; Deril (24, 4T); Alfredo; Tinin (9) – cinco inicial – Cristian M. (3); Adrián (17); Sergio (2)
A pesar de contar con numerosas baixas (Rodrigo, Gonzalo, Iván, Luci e José), a consigna para o equipo costeiro estaba moi clara: seguir mellorando no xogo, defensa rocosa e tentar poñer en apuros ao equipo cambrés, que contaba con moita máis rotación, polo que se prevía un difícil partido. Ao comezar, non se consegue aplicar o adestrado, a defensa é branda, e que o equipo cambrés non anotase máis parecía máis un erro deles, que un acerto na defensa. Non en mellor estado estaba o ataque, xa que nos primeiros 7 minutos só houbo unha tripla aillada de Deril (moi acertado en ataque, intenso en defensa durante todo o encontro, estivo os 40 minutos en pista e non mermou a súa intensidade) e o xogo non estaba a ser claro, había moitas impresicións, non se atopaba ao home libre e pouco acerto de cara ao aro. (12-6)
No segundo cuarto, a tónica foi case a mesma, pero mellorando no acerto, o xogo en ataque seguía cas ideas pouco claras, e os ocos que se concedían en defensa seguían a ser os mesmos, aínda que diso débese dar valor ao ataque do equipo local, atacando de forma case perfecta a zona prantexada, aproveitando a mobilidade dos seus interiores. (13-11)
No descanso había dúas consignas: dar 4 ou 5 pases seguidos para mellorar o ataque, e comunicación en defensa. E así foi. Un punto máis de defensa, con moitos roubos na primeira liña, tanto de Adrián como de Manu, propiciaron rápidos contraataques, o que sumado a dúas canastras interiores de Tinín, e un dous mais un de Manu puxeron o marcador empatado a 28 aos tres minutos do período. A comunicación en defensa era outra, e cando había ataque en estático se daban pases ata que o compañeiro libre podía ou ben lanzar ou xogar 1x1. O mellor cuarto no visto ata o de agora que demostra que cando o equipo está enchufado poden poner en apretos a máis de un (6-31). Marcador 31-48 a favor do Cume Costa da Morte. O espléndido xogo realizado polo equipo, no derradeiro período parece que pasa ao conxunto cambrés, que empeza a ver aro con moita máis facilidade. O cansazo comeza a facer mella nos xogadores ceenses, mais ao seguir acertados en ataque, e o equipo local ser sancionado con moitas faltas, pronto van a liña de tiros libres. Mais como mencionamos, ben por un gran acerto de Cambre, ben por coraxe, ben por cansazo, o equipo local consegue o que parecía imposible. A falta de pouco máis dun minuto, conseguen poñerse en vantaxe dun punto. Deril recibe falta e anota un dos tiros libres. Ataca Cambre co marcador empatado e o seu xogador nº96 que sempre nos fai dano, ese ao que deixamos en 2 puntos nos primeiros 3 cuartos e acaba con 19, anota. Na saída da presión Manu recibe falta e anota un dos tiros. A situación é do equipo ceense un punto por debaixo. Cambre falla, e no ataque seguinte Sergio recibe falta novamente. Anota os dous e o equipo costeiro está 1 por enriba a falta de 20,6 segundos. Tempo morto local, boa defensa costeira, e consegue que cambre non poda facer tiros, e nunha penetración, o balón da en Deril e sae pola liña de fondo. 5,6 segundos no luminoso. O xogador nº10 recibe, bota e lanza a falta de 3,4 e o balón entra deixando 2,5 segundos. Sen tempos mortos, o tiro de Manu á desesperada non entra.
2ª División Cadete Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – DOMINICOS (52-57)
Despois de manterse por diante durante todo o encontro, un mal ultimo período levaría o partido a prorroga e aí o conxunto visitante aproveitou as expulsións por faltas de Fran, Jorge e Dani para levarse o partido no pavillón de Cee.
2ª División Cadete Feminino
- Resultado: UNIVERSITARIO DE FERROL – ACB COSTA DA MORTE (67-12)
Mal partido das cadetes no desprazamento a Ferrol onte non atoparon nunca o ritmo de xogo nin en ataque nin en defensa ante un rival que se mostrou moi superior.
2ª División Infantil masculino
- Resultado: Embal - Ferroatlántica Costa da Morte Verde (17-50)
- ACB COSTA DA MORTE VERDE: Eddy, 0 ptos; Alex, 2 ptos; Guillermo, 8 ptos; Ramiro, 28 ptos; David, 4 ptos – quinteto inicial – Caique, 2 ptos, Adrián, 5 ptos; Brian, 1 pto; Fran, 0 ptos.
Mal partido dos da Costa da Morte, a pesar da vitoria. Mala defensa e peor ataque, nun partido no que quedou claro que as vacacións navideñas sentáronlle mal os rapaces da Costa. Os dous primeiros cuartos mailo cuarto, foron fáciles para os visitantes, pero aínda así, non se cumplían as indicacións a seguir, sobre todo no ataque, para aproveitar o partido como un ensaio para próximos rivais, cos que vanse xogar o ser terceiros de grupo, e poder pasar a xogar no grupo dos que loitarán polo título de liga. A demostración de non estar concentrados no partido quedou plasmado no terceiro cuarto, onde os rapaces do ACB perdían claramente o parcial por un 11- 4.
Familia Artai
Liga Galega Cadete masculino, xornada 8
- Resultado: C.B. ARTAI - CB TUI (56-87).
- Parciais: 14-25; 29-48; 42-69; 56-87
- C.B. ARTAI (14+15+13+14: Marco (11), Javi Santiago (8), Samu (2), Julio, Nión (8), Manu (18), Carlos (9), Diego e Mario (2).
Liga Galega Infantil Masculina, xornada 12
- Resultado: CB ARTAI - ESTUDIANTES DE LUGO (26-76).
- Parciais: 17-31; 24-53; 26-76.
- CB ARTAI (17+7+2): Antón (3), Borja Ríos (12), Jano (2), Damián (7), Álvaro, Lucas, Manu, José e Javi Pena.
Liga Provincial Cadete masculina, xornada 7
Liga Provincial cadete feminino, xornada 9
Bonito partido xogado na mañá de hoxe non pavillón Vila de Noia, na que vos nosos xogadores demostraron un moi bo rendemento fisico(notándose así as sesións que se realizaron polo Nadal).
Partido moi igualado con diferenzas mínimas durante todo encontro, non que non nos atopamos cómodos ata ou final que levou a diferenza aos 12 puntos. Novos movementos en ataque parece atascar ao equipo que ás veces parece que se esquece de mirar ao aro, pero seguro que nos vindeiros partidos lestes rapaces seguirannos facendo gozar dun bo e bonito baloncesto como ata agora.
Boa vitoria das carballesas e outra vez suebn ao liderato, iso si, cun partido máis que o CB Culleredo. Partido de dous partes claramente diferenciadas. A primeira foi das carballesas, intensísimas en defensa e con gran acerto en ataque que lles permitía irse aos vestuarios cunha clara vantaxe (5 a 29) logo de deixar ás locais a cero no segundo cuarto, algo inusual nesta categoría. Pero todo os bo dos dous primeiros cuartos perdeuse nos dous seguintes. As locais apertaron en defensa e todo o que non anotaron en tres cuartos anotárono neste terceiro parcial (17 puntos, os mesmos que sumando os dous primeiros e o cuarto). As carballesas vían como a diferenza reducíase e como os ataques eran cada vez máis espesos. Afortunadamente foron capaces de aguantar a vantaxe no cuarto final.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte