Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Bm: O verde púxose en negro

Bm: O verde púxose en negro
A familia do Xiria tinguise de Negro contra as violencias Ata Xixón desprazábase o Calvo Xiria tras moitos anos sen ter enforntamentos galego-asturianos na 1ª Estatal. E a sorte caeu do lado verde, que soubo manexar os tempos nos últimos segundos para acadar a vitoria e manter o liderato. Pola contra, o Camariñas non puido sumar a súa segunda vitoria, caendo en Ourense e baixando á penúltima praza. Chegou a primeira derrota do Balonmán Xallas en partido oficial nesta campaña na 2ª Autonómica. Foi en Tui, nun partido no que os locais souberon aproveitar as súas bazas e deixar os dous puntos na casa. Os xalleiros manteñen en todo caso o liderato, con 12 puntos, dous máis que un Poio que conta cun partido menos.  

1ª Estatal, xornada 10

  • Resultado: Bm. Ribadavia Carnes Doribeiro- Bm. Camariñas (33-28)
Entraba moi ben no choque con moita forza o cadro de Moncho Canosa, desplegando un gran xogo ofensivo, conseguindo gol con facilidade e cun gran xogo combinativo. Pero atrás non eran igual de efectivos e defensivamente encaixaban demasiado fácil chegando con empate a 19 ao descanso. Na 2ª metade os ataques costaban máis polos dou lados e o Ribadavia conseguiu vantaxe de 3 goles (24-21) apoiados na actuación do seu porteiro e soubo xogar co marcador a favor ata o final. En todo caso, continúan as boas sensacións, sobre todo co bo papel en ataque, a pesar da derrota, que anima aos conserveiros a seguir polo camiño correcto.  

1ª Estatal, xornada 10

  • Resultado: Procoaf Gijón - Calvo Xiria (23-24)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Pablo Iglesias (4), Chimpo (3), Carlos García (6), Iago Franco, Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejando Calvete, Iván Amarelle, Enrique Pena Pensado (2).
Vitoria pola mínima que se trae o Xiria de Xixón, tras un encontro marcado pola igualdade máxima. Nos últimos minutos foron fundamentais tres paradas de Iago Gómez que permitía chegar ao último minuto con 22-24 a favor e o balón. Pero uns pasos e un pasivo permitían aos locais ter a última opción, que salvaba in extremis a barreira para evitar o empate.  

2ª Autonómica, xornada 7

  • Resultado: Bm. Tui - Bm. Xallas (27-23)
Choque do Balonman xallas Con varias baixas se presentaban os xalleiros en Tui, o que sumada a descalificación directa (excesiva) de Iván Campos cando apenas transcurriran 10 minutos deixou mermado o equipo, sobre todo no centro da defensa. As imprecisións en ataque e a falta de solidez defensiva reflexaba un 13-10 o descanso. Na segunda parte saleu mellor o Xallas que logo de gañar fluidez no seu ataque e subir a súa defensa a 4:2 sobre o central e o lateral esquerdo do Tui logrou igualar a contenda. Una serie de decisións arbitrais outra vez moi cuestionadas polos xalleiros deixounos en inferioridade nos ultimos minutos, cando o marcador era de empate, o que acabou por decantar a balanza a favor dos locais. Pola súa banda, as xuvenís sumaba unha cómoda vitoria na casa.  

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-e-por-fin-chegou-a-primeira-vitoria-para-o-bm-camarinas/ “O Bm. Xallas xa soña co ascenso” — Que pasa na costa “Bm: O Calvo Xiria xa é colider na 1ª Nacional mentres o Bm. Camariñas segue o seu complicado comezo” — Que pasa na costa

comentarios