Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
08:10 11/10/16
Brais Blanco, Miguel Rey e Andrés Fagín do AD Zas Ponciano Nieto
A pasada fin de semana debutou o AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional do grupo noroeste de tenis de mesa e fíxoo con bo pé. Venceu 2-4 (6-15) ante o AD Dubratambre.
O encontro comezou con moita rivalidade entre Ana Pérez e Andrés Fagín - do Zas -. Andrés con pouco entreno non foi capaz de meter moitas bolas dentro da mesa ante unha rival que xa xogara na superdivisión feminina. Na seguinte ronda, Miguel Rey e o xuvenil Brais Blanco superaron con facilidade aos seus contrincantes. Na segunda ronda, Ana Pérez e Miguel xogaron o partido máis interesante da tarde no que Ana gañou novamente por 3-2, 11-9 no 5º set.
Resultados parciais
- Ana Pérez - Andrés Fagín: 3-1
- Ismael Torreira - Brais Blanco: 0-3
- Iñaki Alonso- Miguel Rey: 0-3
- Ana Pérez - Miguel Rey: 3-2
- Iñaki Alonso - Andrés Fagín: 0-3
- Ismael Torreira - Brais Blanco: 0-3
Novas relacionadas
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.