Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Boa semana para o balonmán en Camariñas

Boa semana para o balonmán en Camariñas

Boa xornada para o balonmán costeiro con dúas vitorias dende a vila do Encaixe e un empate en Carballo. Gañou con comodidade o Bm. Camariñas en casa do pechacancelas e o vindeiro sábado recibe a visita do lider, o Rasoeiro, que está a tan só 2 puntos dos palilleiros.
E primeira vitoria como visitante do CB Camariñas Encaixe no campo de Bueu, facendo da velocidade a súa mellor virtude. Unha vitoria que as aúpa á 10ª praza con 5 puntos.

Ademais, en Carballo, con preto de 300 seareiros no Municipal Vila de Noia, os conserveiros empataban ante o Cisne, noutra xornada onde as protagonistas son as baixas. Un empate que os deixa 10º tamén con 5 puntos.

1ª Autonómica, xornada 7

  • Resultado: Bm. Deza Lalín - Balonmán Camariñas (19-30)
  • BM. Camariñas: Víctor (p), José Ramón (p), Fari (2), Fran (1), Pan, Quin (4), Borja (7), Moncho, Catalán (5), Xabi (3), Perón (7), Antelo, Damián.

Bo partido o do Conservas Boya en Lalín, onde a ausencia do porteiro Alex, foi a nota máis destacada, xa que tivo que abandonar a expedición camariñá a causa do accidente laboral do seu pai, que mantivo en albas ao pobo durante toda a xornada.

Bo partido do Camariñas que se enfrontou a un Deza moi motivado e excesivamente duro en defensa, á que aos poucos e con moita paciencia sóubose impor coa súa xa habitual rodete, neste primeiro partido da segunda volta da fase de clasificación. Moi bo partido do porteiro local Víctor e dos laterais Borja e Perón, que souberon defender con seriedade e imporse no ataque con 7 goles na marcadora de cada un.

1ª Autonímica Feminina, xornada 9

  • Resultado: BM Bueu - CB Camariñas Encaixe (23-35).
  • Cb Camariñas Encaixe: María Oanes (1), Aída Vizcaíno (12), Silvia Canosa, Nerea Lijó(3), Cris Blanco, Cris Sande, Cris Caamaño (2), Laura Rodríguez (6), Sandra Pérez, Fátima Campaña (1), Karina Busto (5), Alicia Ogando (3).

Gran partido das camariñanas este domingo que lles permitiu acadar unha contundente vitoria diante dun rival do seu nivel. Dende o principio mandaron no marcador cunha gran defensa e rápidas transicións. As diferencias eran cómodas, de 4 e 5 goles, e sólo unhas pérdidas ó final da 1ª metade permitiron achegarse as locais (12-14 ó descanso).

Na 2ª metade máis do mesmo: contundente defensa, contras rápidas, ritmo alto en ataque posicional ben dirixido e acerto de cara a porta. A velocidade imposta polo CB Camariñas acabou por facer que o Bueu baixara os brazos facendo que as diferencias se disparasen.

1ª Estatal, xornada 7

  • Resultado: Calvo Xiria - Cisne BM (24-24).
  • Calvo Xiria (11+13): Kike [p], Gonzalo(2), Jesús (2), Cuco (4), Chimpo (8), Manuel (1), Sergio (5) -equipo inicial- Iago [p], Alex, Mario, Dubra (1), Martín (1), Ramón.

Parece que non rematan os contratempos para o Calvo Xiria esta tempada, e as coñecidas baixas de Pablo, Ángel e Jorge uníase esta xornada a de Brais, que con puntos na planta dun pe entraba na lista de xogadores non dispoñibles. O partido ante o Cisne Bm. era de vital importancia para os carballeses, que precisaban puntuar para romper ca racha de resultados negativos que obtivera nas pasadas xornadas. Para poder acadar este obxectivo a defensa pasaba por ser o seu principal activo.

O Calvo dominou durante case sesenta minutos e xogou un bo encontro no que de seguro mereceu levarese ous dous puntos, pero non tirar a toalla e a cantidade de exclusións favorables, estiveron dous veces seis contra catro, permitiron aos pontevedreses levarse un dos puntos en xogo. Dende a defensa e con boa predisposición de todos os xogadores na faceta ofensiva foi marcando o ritmo que máis lle interesaba, impedindo as combinacións da primeira liña do Cisne co pivote e pechando todas os opcións de pase aos extremos. So algún que outro erro no lanzamento impediu ao Xiria levar unha diferenza máis grande antes do tempo de lecer.

Xa de volta dos vestiarios a igualdade foi a tónica dominante no partido, cun Calvo que se atascou por intres ante a portería rival, pero a defensa seguiu funcionando. As exclusións pesaron moito na segunda parte para os carballeses que tiñan que xogar contra unha defensa mixta sobre Chimpo en boa parte do segundo tempo. Xa contra o final o Cisne puido marcar e levarse os puntos. Dispuxo de trinta segundos no derradeiro ataque pero de novo non foi capaz de descifrar a defensa local e o empate permaneceu no marcador.

Cómpre destacar a Kike, Sergio e Chimpo.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado no Pavillón municipal de Camariñas, O Areal, ás 17:30 horas presenciaremos un dos partidos mais decisivos desta primeira fase Conservas Boya - Rasoeiro do Grove,
  • 1ª Autonómica Feminina: o sábado, tralo partido masculino, ás 19:00h, o Bm. Encaixe enfróntase ao S.A.R. de Redondela.
  • 1ª Estatal: A vindeira xornada depara o derbi provincial co OAR Coruña, equipo que marcha por debaixo dos carballeses, e que logo dunha moi boa pretempada está a sufrir moito motivado polas baixas cas que tivo que iniciar a liga. O escenario: Pavillón San Francisco Javier, o sábado ás 18:30 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios