Venres. 19.04.2024
El tiempo

Bronce galego para os cadetes do Volei Dumbría

Bronce galego para os cadetes do Volei Dumbría

O pasado sábado día 28 de abril disputouse en Lugo o Campionato Galego Cadete de Voleibol. Á cita acudían os 4 primeiros clasificados da Liga Galega para disputar o título rexional, e entre eles, o Volei Dumbría, como non, que segue demostrando que volei da Costa da Morte está ao primeiro nivel como facía a semana pasada os máis pequenos do Manuela Rial nos campionatos provinciais.

Os dumbrieses acudían con numerosas baixas por lesión de varios dos infantís que durante toda a tempada participaron co equipo cadete, como as de David Redonda e Xavier Pérez. Ademais o seu colocador Manuel Marcote, tamén infantil, viña dunha longa lesión nun dedo da man e reaparecía precisamente o sábado. Así, os dumbrieses desprazaron a só 4 cadetes, co que a consecución desta medalla de bronce ten aínda máis valor.

O equipo que dirixiu Luís Alberto Fernández formado por Javier Domínguez, Alejandro Fernández, Diego Riveiro, Juan Carballo, Manuel Marcote (infantil), Unai Larrañaga (alevín), Josema Bermúdez (infantil) e Manuel Abuelo (infantil).

Transcurso do Campionato

A primeira semifinal enfrontaba ao Voleibol Dumbría fronte ao CV Vigo. Os dumbrieses perdían por un contundente 0-3 (13-25, 18-25 e 12-25) ante o mellor equipo do campionato, filial do equipo de superliga e con 6 xogadores que forman a base da Selección Galega Cadete. Os dumbrieses non estiveron moi acertados neste primeiro partido, e só no segundo set cun 18-20 estiveron metidos no partido.
A segunda semifinal enfrontaba ao Emevé de Lugo e ao Voleibol Ourense. Os locais impúñanse 3-1 (27-25, 22-25, 26-24 e 25-14), nun partido no que os ourensáns non estiveron ao nivel esperado e no que o seu mellor home Víctor Conde, oposto da Selección Galega fallou máis do que nel é habitual.

Na disputa pola medalla de bronce, o Voleibol Dumbría vencía por 3-0 (25-20, 26-24 e 25-23) ao Voleibol Ourense, nun partido moi intenso e rifado no marcador. Os dumbrieses fixeron algúns cambios respecto ao partido de semifinais, cambiando ao seu oposto titular Diego Riveiro, que pasou a xogar de receptor polo infantil Josema Bermúdez que realizou un gran partido. A clave do mesmo foi o acerto no saque de Juan Carballo e na recepción dos dumbrieses que lle permitiron xogar con facilidade coa súa central principal Javier Domínguez, imparable en ataque.
Na final o CV Vigo impúxose con moita facilidade aos anfitrións, o Emevé de Lugo que nada puido facer ante a superioridade dos viqueses que se proclamaron un ano máis Campións Galegos cun resultado de 3-0 (25-13, 25-13 e 25-15).

Con este campionato o equipo cadete de Dumbría dá por finalizada a tempada, cun meritorio terceiro posto, e con moitas esperanzas postas na próxima, xa que a base do equipo continuará nesta categoría e só dous xogadores pasan a categoría xuvenil.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios