Venres. 29.03.2024
El tiempo

Bujeiro e Dist. Barral disputan o título da Liga de FS de Cee

Bujeiro e Dist. Barral disputan o título da Liga de FS de Cee
Bujeiro e Distribucións Barral. Ou o que é o mesmo, Fisterra contra Vimianzo. Entre ambos equipos, entre ambas vilas se xoga o título esta tempada na 1ª División da Liga FS de Cee. A semana pasada disputábase a primeira final entre ambos que servía para pechar a primeira volta. E os vimianceses fixeron valer a súa experiencia e venceron nun agónico partido por 4-5. Deste xeito, o Bujeiro queda polo de agora de líder 24 puntos, xa que Dist. Barral ten 22, pero con 1 partido menos. Non se despita da loita o Fed. Ollo, que agarda calquera tropezo dos de arriba con 19 puntos. Clínica Sar e Ferroatlántica pechan a táboa e terán que reaccionar se non queren descender. Na 2ª División a cousa parece ser cosa de dous. Panadería Pichín conta con 24 puntos tras só ceder unha derrota; por detrás, a 4 puntos, está o equipo carnotán do Café do Mar.

Máximos goleadores

Grandes nomes do fútbol da Costa atopamos na lista dos pichichis e dos porteiros menos goleados. Trala xornada 9 estes eran os máximos goleadores:

1ª División

  • Míchel, de Dist. Barral: 38 goles.
  • Aitor, Bar Bujeiro 22 goles.
  • Félix, Const. Insua: 18 goles.
  • Adrián, Federópticos Ollo: 12 goles.

2ª División

  • Fernando, Pan. Pichín, 18 goles.
  • Andrés, Past. Silvia: 13 goles.
  • José Manuel, Seguros CdM: 11 goles.
  • Ovidio, Brens Solymar: 10 goles.

Porteiros menos batidos

1ª Divisón

  • Rafa, Bar Bujeiro: 13 goles encaixados.
  • Marcos, Dist. Barral: 20 goles encaixados.
  • Joselu, Federópticos Ollo: 24 goles encaixados.

2ª División

  • Simón, Pan. Pichín: 11 goles encaixados.
  • José Antonio, Seguros CdM: 16 goles encaixados.
  • Campos, Cafe do Mar: 16 goles encaixados.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios