Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas puxo o quimono

Camariñas puxo o quimono
O Pavillón Municipal de deportes de Camariñas foi o escenario que vén de acoller o pasado día 26 de febreiro unha nova xornada do XOGAJUDO 2011 para as escolas municipais e centros da zona da Costa da Morte. Un evento celebrado coa colaboración do Concello de Camariñas, baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para ou Deporte e a organización da Federación Galega de Judo e D.A. O pavillón viviu unha xornada de Judo na que participaron 230 judokas das categorías benxamín, alevín e infantil e que estiveron arroupados por numeroso público, ao redor de 600 persoas, que seguiron as evolucións dos deportistas con gran interese e que vibraron ademais cunha exhibición a cargo do mestre de judo da escola local. Participaron as escolas municipais e centros das localidades de: Camariñas, Ponteceso, Cabana, Muxía, Corcubión, Coristanco, Cabana e Finisterre. Os combates desenvolvéronse nun marco de regulamento adaptado que aproxima aos judokas destas categorías ao Judo de competición, e foron arbitrados por mestres da Federación Galega de Judo que velaron por un desenvolvemento adecuado do evento, e que sumaron un total de 25 voluntarios da Federación Galega de Judo. Ao finalizar o seu participaciónn os deportistas recibiron unha medalla por o seu esforzo e aproveitamento. Ademais do Cinto Negro 1ºDan de Judo a Francisco Puga Bestilleiro, técnico de deportes do Concello de Camariñas, recibiu un recoñecemento pola súa colaboración, o propio Concello de Camariñas, personalizado na figura do seu alcalde Manuel V. Alonso de León.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios