Venres. 29.03.2024
El tiempo

Canedo, goleador por sorpresa en Sofán

Canedo, goleador por sorpresa en Sofán
Púxose o partido difícil para o Sofán o domingo coa expulsión de Raúl e o gol en contra do Castro, pero tocou a arrebato o Carral e en media hora explosiva caeron 4 goles e puideron caer algún máis. Dous dos tantos foron de Iván Canedo, mediocentro sofanista que cumple a súa segunda tempada de vermello. Despois de Dubra, Zas e Xallas, parece asentado no centro do campo do equipo de Iván Cancela. En Sofán xa é un ídolo pola súa entrega e cualidades, e con goles como os do domingo serao moito máis. O primeiro foi sinxelo rematando un centro de Alexandre e o segundo un golazo cabeceando en plancha un pase de Fabián. Isto nos contou o de Anxeriz: QPC - Canto facia que non marcabas 2 goles? Pois non recordo ben pero pode facer uns catro anos que non meto dous goles no mesmo partido. Moi habitual non é, non. QPC - A remontada foi épica, con un home menos e pouco tempo por diante. A verdade é que si, pero o certo é que no primeiro tempo xa tiveramos claras ocasións, e coa axuda do público volcámonos en lograr remontar e por sorte conseguímolo. QPC - Como arrancou o equipo a tempada? Pois nunha dinámica moi boa, con ganas de conseguir os obxectivos propostos. O club apostou pola continuidade de case toda a plantilla e nótase que estamos moi conxuntados e nos coñecemos moito. Xa estábamos un pouco aburridos da pretempada e o inicio da liga veunos moi ben. QPC - Que tal as novas incorporacións? Pois aumentan a competitividade da plantilla e da gusto con eles. Parafita é o que máis está entrando, e o outro día debutou Antonio, que é un xogador dun nivel moi alto. QPC - Que esperades desta tempada? O ano pasado fixemos unha gran tempada e a idea este ano é mellorala, pero dende logo non vai a ser fácil. A Preferente aumentou de nivel e gañar cada partido vai a ser moi difícil. QPC - O domingo viaxades a Ribadeo en horario pouco habitual, as 12 da maña. Sera un partido complicado. Si, non entendo moi ben como o Ribadeo nos pon o partido a esa hora sabendo a viaxe que nos temos que meter. Iremos coa intención de traernos a vitoria a pesar de que creo que teremos baixas importantes, pero temos plantilla abondo para gañar aló. FOTO LUIS GONZALEZ QPC - Que tal te atopas en Sofan? A verdade é que estou moi ben e a gusto, é un club que che da todas as facilidades, moi ben organizado e no que temos un gran grupo no vestiario. QPC - Despois dun ano nas Eiroas ten que dar gusto volver o Carral, non? Nas Eiroas estivemos ben, porque a afección do Sofán acompañounos sempre alí, pero a verdade é que no Carral sentímonos como na casa, é outra cousa diferente. Xogamos onde adestramos, o campo está sempre cheo e sentímonos moi cómodos alí. QPC - Como ves os teus ex do Xallas? Teñen un gran equipo, con xogadores de moita calidade, e seguro que logran os obxectivos que se propuxeron. Esperemos volver a atoparnos na Copa tamén, pero esta vez con distinto resultado.

Comentarios