Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo: Isto é balonmán

Carballo: Isto é balonmán

Tremenda a fin de semana a vivida en Carballo. Co corazón posto en Almería, onde o equipo xuvenil do Xiria, o IFecgas Pereira competía no Campionato de España.
Só o feito de estar entre os 8 mellores equipos de España do Balonmán Xuvenil xa era todo un éxito, e os carballeses disfrutaron dunha fin de semana que non esquecerán endexamais.

Non puideron acadar unha vitoria no seu grupo ante o Barcelona, Ciudad real e Carboneras, quedando finalmente no 8º posto, pero isto non empaña a gran tempada do cadro carballés. I é que falamos dnha competición que está ao alcance de moi poucos, e que refrenda a excelente tempada dos carballeses.
A Carboneras (Almería), desprazáronse co equipo unha trintena de Xiriaireiros, que gozaron da paisaxe, do clima e dunha fin de semana de excelente balonmán. Os de Xiria, viaxaron tan só con doce xogadores (todos de 1º ano agás un), debido á lesión de David García e a preferencia por parte de Miguel e Iván de quedar en Carballo para preparar os exames finais. Este feito tivo gran repercusión ao remate do torneo, tanto pola calidade dos que faltaban como pola necesidade de rotar aos xogadores nun torneo de tantos partidos en tan poucos días.
Este son os xogadores que participaron no torneo:

  • Zúpez: (Porteiro);
    Mario Santiago, Martín: 15, Bouzas: 11, Javi: 9, Calvete: 4, Rubén Gómez: 3, Mario García De Seárez: 1, Edu: 9, José: 1, Alex: 4, Anes: 6.

Isto é balonmán:

Festa do deporte base en Carballo

Este sábado tivo lugar en Carballo a fase final provincial 2011- 2012 nas categorías benxamín e alevín mixtos e infantil. Foi unha auténtica festa do balonmán de base con máis de 400 rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, demostrando o gran traballo da familia Xiria para co deporte base.

O Bm. Xallas en Carballo

Alí tamén equipo o equipos do Balonmán Xallas. O equipo benxamín loitaba polos postos do 7º ao 10º, acadando finalmente o 8º lugar. Por outro lado, o equipo alevín competía polos postos do 8º ao 13º, quedando 9º na clasificación final. Foi unha gran xornada dos dous equipos na que os máis pequenos do noso clube empezan a demostrar a súa melloría partido tras partido.

No caso do equipo infantil feminino, logo de vencer ao Ártabro e ao Bm. Narón, acadou o primeiro posto proclamándose así campionas da fase final 2011-2012. Foi unha gran alegría para todos os xalleiros pois conséguese así o primeiro titulo para o Bm. Xallas no seu primeiro ano de andadura.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Fonte

Comentarios