Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Cee xa corre con Olimpia

Cee xa corre con Olimpia
Jorge-Rodriguez-Pepa-Fandino-e-Julio-Lopez-presentando-o-Clube-Olimpia-de-Cee Logo da Asociación Deportiva Olimpia de Cee

Onte, luns 8 de outubro facíase pública a creación dun novo clube en Cee. Un clube deportivo que xa conta con Escolas de Fútbol Sala, Escola de Fitness e, sobre todo, Escolas de Atletismo. A Asociación Deportiva Olimpia de Cee nace para cubrir o baleiro xerado polo atletismo na Costa da Morte. Unha bisbarra que xa tivo no seu tempo ao Clube Atletismo Costa da Morte, finado en extrañas circunstancias dende Fisterra, ou o Club de Atletlismo Frontera, que tivo épocas de gloria na capital da Xunqueira.
Na presentación estiveron presentes o responsable técnico do clube, e un dos mellores atletas que temos na nosa bisbarra, o ceense Jorge Rodríguez Lariño; acompañado da concelleira María José Fandiño e Julio Vázquez, Xerente da empresa Estación de Servicio Bazarra e patrocinador do proxecto de dinamización do atletismo “Corre con Olimpia".

Precisamente este proxecto "Corre con Olimpia" foi o protagonista. Trátase dun proxecto que nace con apoio institucional e empresarial e que pretende formentar a práctica do deporte entre a rapazada da comarca, non só do Concello ceense. O Clube, que en breve será toda unha referencia na Costa da Morte, xa ten aberta unha Escola de Atletismo, que entrena tódalas tardes de luns a xoves (luns no pavillón de Cee, martes e mércores nas pistas do San Pedro de Refoxos e xoves no pavillón de Brens).
De feito, as escolas xa están en marcha, xa hai uns 10 rapaces adestrando e a porta segue aberta para quen queira. E tamén esperan conseguir xente para facer un equipo maiores, así que non dubiedes en poñervos en contacto co Concello ou co clube, ou mesmo na Estación de Servicio Bazarra.

Un deporte puro

Todos quixeron destacar as bondades deste deporte. Jorge Rodríguez destacou que se trata dun deporte apto para todos os perfís, pois non só falamos de carreiras de longa distancia, senón que tamén hai velocidade ou outros como lanzamento de peso.

Foi Julio López, que ten mesmo unha afinidade persoal con este deporte e con este proxecto en particular, quen destacou os valores que leva emparellados este deporte, como o esforzo persoal, a valor do traballo realizado, o compañeirismo, a mellora da condición física, etc. Resaltou os seus valores educativos ao ser un deporte "honrado".

Pepa Fandiño ademais de desexar toda a sorte ao novo clube, destacou que no Concello dende marzo naceron 4 novos clubes deportivos: o Brens Racing Club, a SD Ameixenda, a Asociación de Automobilismo Terra Neria e o Olimpia. Toda unha marca para un Concello como Cee.

O Ciclismo tamén en auxe

E aproveitamos tamén para lembran que o Concello fixo entrega da bicicleta (valorada en 1.300,00 €) ao premiado trala celebración da Ruta BTT Terra Neria. O gañador foi Luís Alfonso Silva, natural de Outes, que recibíu o premio da alcaldesa, a concelleira, o presidente do Club Ciclista Cee (Antonio González).

Máis información

Comentarios