Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chipre descubre a Costa da Morte a través do Anorthosis

Chipre descubre a Costa da Morte a través do Anorthosis

As casualidades da vida son tremendas. I é que o clube soneirán de Tenis de Mesa, o Anorthosis Vimianzo, veñen de recibir un email dun dos responsables do Anorthosis Famagusta de Chipre, Julio Konnaris. I é que o chipriota descubría estes días a existencia do clube soneirán, inspirado no equipo chirpiota, e se puña en contacto con Stevo Lema, responsable do equipo da Costa, para intentar tratar de achegar posturas.

Konnaris manifestaba a súa admiración e agradecemento e xa invitou ao equipo da Costa a pasar unha fin de semana en Chipre e visitar o estadio, o museo, e ata xogar un partido contra o laureado clube, ademais de asegurar que vai enviar unha camiseta do equipo asinada polos xogadores.

O propio Stevo alégrase enerxicamente pola circunstancia e nestes días responderá a Konnaris devolvendo a invitación, pois sería tamén moi significativo traer unha expedición chipriota á Costa da Morte.

Un pouco de historia

O Anorthosis, fundado en 1911 e campión da Liga Chipriota en 13 ocasións, a última no 2007/2008, é un dos clubes históricos máis importantes do país. De feito, é o terceiro máis laureado e foi o primeiro en clasificarse para a Champions League. O significado de Anorthosis é "deportivo", pero a razón pola que o equipo soneirán se chama así non é por seren moi deportivos, que o son. Pois a historia do Anorthosis, así como a de todo o país, foi bastante convulsa.

A razón de que o equipo vimiancés se chame así ten case que 10 anos, tantos como o clube que estarán en breve de aniversario. Cando Paco e Stevo decidían daquela o nome do equipo, tiñan que desprazarse para adestrar e xogar a Baíñas dende Vimianzo (malia que a meirande parte dos 25 compoñentes do equipo son de Zas e a día de hoxe xogan en Zas o equipo ten base en Vimianzo). E nunha destas Paco enterábase de que o clube chipriota, en plena invasión turca, tivo que desprazarse numerosas veces do seu estadio para xogar, pois fóra clausurado por reivindicar a independencia chipriota.

Así, por esa afinidade, e porque a sonoridade da verba "Anorthosis" gustaba, o equipo soneirán leva ese nome. Unha casualidade que poder ter consecuencias simpáticas.

Resultados da Xornada de derbis

E xa indo ao deportiva, esta pasada fin de semana os equipos do clube Anorthosis Vimianzo enfrontábase entre si, colleitando estes resultados:

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. 12ª xornada

  • CONCELLO DE ZAS ANGEPON - ANORTHOSIS VIMIANZO (3-4).

Encontro moi igualado entre os equipos de 2ª galega, 14 - 14 nos sets, xa que os xogadores coñécense moito por entrenar xuntos. Disputáronse partidos con xogadas moi bonitas e dándoo todo e coa rivalidade característica dun derbi. Ao final todos xuntos disfrutaron dunhas pizzas e comentando que sempre deberçian xogar con esta intensidade e ilusión.

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 10

  • CONCELLO DE ZAS P TIVOLI - CONCELLO DE ZAS O PINAR (6 - 1).

Na 3ª galega neta superioridade do Concello de Zas P Tivoli, 18 - 7 nos sets, sobre o Concello de Zas O Pinar e onde se evidenciou que estes últimos aínda estan faltos de entrenamento e partidos.

Vindeira cita

Este fin de semana non hai liga federada. Pero todos terán unha concentración en Noia dentro do Programa de Deporte Escolar Xogade.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas de tenis de mesa

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios