Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ciclóns, Abelleira e Independiente parten como favoritos no 41 Campionato de Barrios de Esteiro

Ciclóns, Abelleira e Independiente parten como favoritos no 41 Campionato de Barrios de Esteiro
Barrios Esteiro x2

Xa van dúas xornadas do senlleiro Campionato de Barrios de Esteiro, o máis lonxevo e auténtico dos veráns da Costa da Morte. Xa son 41 anos dende que os equipos esteiráns se disputan este torneo, e a culler de pau, cunha absoluta atención por parte do público.

Xa van dúas xornadas e os favoritos, os campións dos tres últimos anos, non perdoan. Os Ciclóns do Maio (actuais campións) abrían o torneo goleando a todo un Independiente (campión en 2016). Outro dos grandes favoritos é o Abelleira (campión en 2015), que tamén vencía no seu primeiro partido.

Por detrás chegan Carallo Santo e o Cánchester, que pelexarán polo 4º posto para meterse nas semifinais.

E segundo parece tras estes primeiros choques, Tal e Praias de Reimundes apuntan de novo a pelexar por evitar a culler de pau, o trofeo que se entrega ao último clasificado.

Queda moito ata o 15 de agosto, día da gran final do Torneo.

Novas do Campionato de Barrios

https://quepasanacosta.gal/volve-o-campionato-por-excelencia-do-futbol-da-costa-o-41o-campionato-de-barrios-de-esteiro/

Comentarios