Venres. 19.04.2024
El tiempo

Comeza a tempada de balonmán con torneos e asembleas

Comeza a tempada de balonmán con torneos e asembleas

Se por Carballo xa comezan a entrenar, por Camariñas o novo e unificado clube de balonmán comeza a súa andadura. E para facelo ten convocada unha Asemblea na que os dous equipos constituíntes, Club Balonmán Camariñas e Balonmán Encaixe, terán que aprobar a nova Xunta Directiva.

A cita, convocada polo preosdente Andrés Cerdeiras, convoca a todos os socios á Asemblea extraordinaria do vindeiro luns 20 de agosto ás 19:30h na Casa de Pedra de Camariñas.

O Xiria comeza a pretempada

Se ben en breve coñeceremos a experiencia social que chega ata Europa da man da familia Xiria, hoxe centrámonos no aspecto deportivo. O vindeiro luns, 13 de agosto, ás 21.30 h no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar), comezarán os adestramentos de pretempada para o Calvo Xiria, que competirá outro ano máis na 1ª División Estatal de Balonmán (3ª categoría en importancia do balonmán español).

As novidades respecto á pasada campaña serán as ausencias de dúas das perlas da canteira carballesa, David García, que fichou no Ademar, e Miguel Suárez-Pumariega, que, por motivos de estudos, xogará nalgún equipo de 1ª da zona de Pontevedra. Tampouco estará Christophe Castro, xogador que xa tivo pouca participación a pasada campaña, que se atopa no extranxeiro por motivos laborais. Na parte das incorporacións as "novas" caras que se poderán ver este luns son as de Jesús Varela, que retorna tras pasar os últimos sete meses no extranxeiro, Mario García de Seárez, que se incorpora do equipo xuvenil, e Gonzalo Pombo, que retorna ao seo carballés tras xogar as últimas campañas no Acaluba lucense e no Bm. Camariñas.

O primeiro test para os rapaces de Carballo terá lugar o sábado 18 na pista coruñesa do OAR coa disputa da 1ª eliminatoria da Copa Galicia, onde os de Marcos Rodríguez tan só levarán cinco sesións de adestramento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas.

Comentarios