Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Completa e intensa fin de semana deportiva

Completa e intensa fin de semana deportiva

Moitas cousas hai esta fin de semana, que chega con moita tensión neste treito final. Pero ademais de fútbol, teremos ciclismo (por partida doble, de estrada e de montaña), balonmán, baloncesto, fútbol sala, fútbol 7 e ata patinaxe.

E comezamos polo #fúboldacosta, tras ver no parte de sancións que Javi Suárez é finalmente o pichichi oficial.
Remata este domingo a Preferente, na que o Xallas ten aínda pendente confirmar a salvación. Unha permanencia que xa pode quedar finiquitada o sábado, se o Ourense confirma o seu ascenso a 2ªB tras encarrilalo na ida da fase. O Dumbría poderá reservarse para as semifinais de Copa, unha vez que xa onte superaba con claridade ao Cabana nun partido adiantado pois os de Pablo Mallón só pensan na Fase de Ascenso.

I é que precisamente esa Fase de Ascenso á 2ª Autonómica é a máis intensa, cos equipos muradáns con vantaxe, pero cabaneses e malpicáns con moitas gañas de loita.

Eso será o domingo, porque o sábado volve a Copa da Costa. O Santa Comba e o Soneira vivirán a 3ª parte dun culebrón predestinado de antemán, pero aínda quedan dous partidazos. O sábado, Xallas-Cee en Fontenla, onde soñan cunha semifinal xalleira. E o domingo, Corme-Camariñas cun Cairo a rebentar.
O sábado tamén coñeceremos ao novo Campión da Copa Xuvenil, e San Andrés vivirá unha finalísima.
Os Veteranos tamén coñecerán aos seus cuartofinalistas.

Comezan ademais as Fases de Ascenso á Liga Galega Cadete e Xuvenil, con Malpica, Baio, Dumbría e Santa Comba en liza.

Preferente, xornada 38

Unión 27/05 - 18:00 Dumbría
Dubra 27/05 - 18:00 Xallas
Santa Comba 27/05 - 18:00 Laracha
Grixoa 27/05 - 18:00 Soneira

Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica

5-2Volantes - CerquedaDom. 18:00
2-0Montelouro - CabanaDom. 18:00

Copa da Costa, Volta dos Cuartos de Final

Copa Xuvenil, Volta da Final

2-2Cabana - ZasSáb. 18:00

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Fase de Ascenso á Liga Galega

Xa están perfiladas as emilinatorias de ascenso das categorías cadete e xuvenil (o infantil foi anulado por un recurso do Foz). E Ollo, que terán que superar dúas eliminatorias para ascender. Estes son os cuadros que terán que superar (as segundas eliminatorias serán 10 e 17 de xuño):

Xuvenil:

27-05San Marcos - Baio03-06
27-05Imperátor - O Val03-06

27-05Unión - Burela03-06
27-05Malpica - Lalín03-06

Cadete:

27-05Ordes - Caranza03-06
27-05Santa Comba - Negreira03-06

27-05Estrada - Foz03-06
27-05 - 11:00Cordeiro - Dumbría03-06

Campionato de Barrios de Esteiro

Está a piques de empezar o XXXV Campionato de Barrios. Esta fin de semana bota a andar a tradicional competición futbolística do verán esteirán que rematará o vindeiro 15 de agosto.

Fútbol Sala

Cuartos de final Copa Autonómica, partido de volta (na ida 2-3 para o Fisober):

  • Fisober vs Concello de Guntin. Sábado ás 17:00 h en Vimianzo.

Ciclismo por Corcubión e Cee e BTT en Santa Comba

Doble sesión a dúas rodas na Costa. Por unha banda, hoxe venres a 1ª etapa da Volta Ciclista á Coruña percorrerá 132 quilómetros entre Corcubión e Cee, pasando, iso si, por Sardiñeiro, Cee, O Pindo, Carnota, Muros, Mazaricos, Dumbría e Cee.

Pero ademais Santa Comba vivirá o domigo unha xornada de montaña coas bicis BTT.

Baloncesto

Os responsables deportivos do Club Baloncesto Baio xunto con CB Artai e a Federación Galega de Baloncesto abrirán as portas do seu traballo,o dia 24 de Maio, a todos aqueles nenos e nenas en idade alevín, benxamín, infantil e cadete que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Baio para unha Xornada de Tecnificacion de Baloncesto.

A Delegación contará para esta ocasión coa colaboración en pista dos adestradores de ambos clubes, técnicos que guiarán as sesións cos xogadores máis novos e que, á par, compartirá a súa experiencia cos adestradores e monitores colaboradores que formen parte desta convocatoria.

O horario concreto para os adestramentos que se levarán a cabo é o seguinte: 18:30 a 20:30 para todas as categorias

Patinaxe en Camariñas

Este venres 25 de maio, celebrase a 1ª Exhibición de Patinaxe “Costa da Morte”, que terá lugar en Camariñas e que servirá para poñer o punto final as escolas municipais de patinaxe que se levaron a cabo nos distintos concellos da comarca ó longo deste ano.
No acto participaran máis de 100 nenos e nenas de diferentes idades ,entre 4 e 14 anos, dos concellos de Camariñas, Carnota, Fisterra, Muxía e Vimianzo. A modo de clausura do acto contará cunha exhibición individual da patinadora artística Miriam Amado Vázquez.

Clausura da tempada de balonmán en Carballo

Este sábado o Balonmán Xiria pecahrá a campaña con diversas actividades que se desenvolverán dende ás 16.30 h ata ás no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar), nas que participarán todas as categorías do club, dende os máis cativos ata os "old green". Posteriormente traslademonos ao CEIP Fogar donde celebraremos a cea de fin de tempada.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios