Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Conde Lema cumple un soño e sube ao podio na primeira carreira do Campionato de España de QuadCross

Conde Lema cumple un soño e sube ao podio na primeira carreira do Campionato de España de QuadCross
Jose Manuel Conde Lema no seu Quad en Leon Jose Manuel Conde Lema no seu Quad en Leon-Foto-Clemente Offtrack Despis consagrarse como Campión Galego de Quadcross Q2, José Manuel Conde Lema volveu montar no seu vehículo para disputar o Campionato de España de Quadcross. E xa non compite en broma o dumbriés residente en Vimianzo. O herdeiro natural de Toni Trillo volvía de León, nada menos que co 3º chanzo do podio na súa categoría. A primeira carreira do circuito nacional celebrábase na localidade de Valencia de Don Juan (León). José Manuel comezou bastante cómodo os adestramentos, entrando entre os 5 mellores tempos. Saíu confiado, conservando a súa posición, pero pouco a pouco foise sentido cada vez máis cómodo, collendo ritmo ata acabar 2º na primeira carreira. Unha mala saída na segunda manga facíalle perder varios postos, así que tocaba remontar. E así foi, foi remontando ata a 3ª posición final, entrando ademais pegado ao 2º clasificado. “Dá igual, estou moi sorprendido de poder acabar no podium xa que era unha parrilla de 25 pilotos dos mellores de toda España e é un soño pode estar aí arriba”, recoñece. Queda por diante un fantástico futuro para este piloto costeiro que acaba de estrear a trintena. Un Conde Lema que non pode esquecer a colaboración de Jenn Estética, Talleres Pais, Rmotor, Aluminios Dumbría, Todo Rico Coruña, The Party Moment. Jose Manuel Conde Lema 3 no podio de Leon Jose Manuel Conde Lema 3º no podio de Leon-Fotos-Clemente Offtrack

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios