Venres. 29.03.2024
El tiempo

Continúa a Pretemporada con citas históricas

Continúa a Pretemporada con citas históricas

Varias citas que se lembrarán a historia. Como o debut do Xallas de Santa Comba ou o Ameixenda, que xa vestiron as súas camisolas. Ademais, continúa a pretemporada para o resto de equipos, e os torneos seguen en marcha.

Entrementres, e unha vez que xa sabemos que o groso as ligas comezan o 1 de setembro podedes ir consultando os calendarios que xa teñen incluidos na web da Federación: futgal.es. Por agora xa poden ver o de Preferente e o do 1ª Autonómica-Grupo 2. Iso si, houbo queixas de que os calendarios chegaron antes aos medios de comunicación que aos equipos...

Ademais, cómpre destacar o choque entre a Selección da Costa e o Deportivo B no marco do Trofeo Manolo Martín. Toni adiantaría aos costeiros pero en antes de que se cumplira a media hora o Fabril xa lle dera a volta ao marcador, para deixar nun 2-1 para o Fabril o resultado final.

Primeiro choque da historia da SD Ameixenda

O Campo do San Paio de Refoxos de Cee acollía o debut do Ameixenda. O cadro ceense estreaba a súa fermosa camisola vermella cun franza azul e motivos dourados, cun choque ante o novo Corcubión de Manolín. Os ameixedáns sufrían unha derrota máis ou menos agardada, por 6-1, ante un conxunto, o corcubionés, que mantén a estrutura do ano pasado, e que suma importantes novidades coma a de Pablo Lestón, que volve á súa casa, Javi, Miguel ou Ubaldo.

Precisamente foi un ex dos branquiazuis o que marcaba o primeiro tanto da historia da SD Ameixenda, Camacho.

En marcha o Xallas de Santa Comba

O que segue preparándose é o Xallas de Santa Comba dirixido por Manuel Corredoira. Tras caer no seu histórico debut ante o Carral, o cadro xalleiro disputaba un triangular esta pasada fin de semana en Dubra, ante o cadro local e o Negreira. Os xalleiros saían campións tras empatar un e vencer outro dos choques.

Varios amistosos

Plantel da SD Sofán para esta tempada 2012-2013

Outros que seguen probándose son o Ponteceso e o Sofán. Precisamente esta fin de semana xogaban e era o cadro sofanista o que levaba a vitoria por 1-2, con tantos de Jacobo e Abel.

Ademais, o novo San Lorenzo de Gueli podía co Baio por 0-2 noutro choque de pretempada.

Máis torneos

Entrementres, os torneos de verán continúan (ademais das probas de fútbol praia que esta fin de semana paraban no Ézaro, e xa temos constancia dun en Malpica e outro en Laxe.

O próximo sábado 11 de agosto celebrarase en Laxe o II Trofeo Rogelio Martínez. Nesta segunda edición será un triangular entre os equipos S.D.Laxe, Corme e Cabana. Partidos de 45 minutos cada un.
O trofeo comenzará as 17:30 horas co enfrontamento entre o Corme e o Cabana, posteriormente enfrontarase as 18:30 o Laxe contra o perdedor do primeiro encontro, e as 19:30 h o Laxe contra o gañador do primeiro encontro.

Ademais, o Campo de Xaviña de Buño acollerá o domingo 12 de agosto Trofeo de Fútbol da XXIX Mostra de Olería de Buño. Os 3 equipos do Concello malpicán enfrontaranse nun triangular a partir das 18:00h.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios