Martes. 13.04.2021
El tiempo

Copa da Costa: Dous semifinalistas case decididos

Copa da Costa: Dous semifinalistas case decididos

Tras facer un repaso aos Resultados da fin de semana , apuramos as crónicas da ida dos Cuartos da Copa da Costa. E Dumbría e Santa Comba parece que xa teñen un pé nas Seminifinais trala ida dos Cuartos. I é que o lío de partidos segue a desvirtuar as competicións e nin Cabana nin Soneira puideron prantexar con opcións as eliminatorias. De feito, o Cabana leva 4 partidos en 4 días, contando o choque da final de xuvenís.
Así, dumbrieses e laranxas parece que se perfilan como candidatos á finalistas.

Pero ollo, que as semifinais non serán de balde. Os laranxas soñan cun derbi para a semifinal que encha por dúas veces Fontenla, pero o Cee non o porá nada fácil, e ademais o Xallas ten que pensar, na Liga, se ben o sábado xa pode que descanse se o Ourense confirma o seu ascenso.
Polo outro lado, Corme e Camariñas serán os mellores rivais posibles, nesta época do ano, para vencer a todo un Dumbría.

Cee - Xallas (2-1)

  • CEE: Parroto, Fiuza, Luis, Berto, Julio, Fermín (Piquero, min.38), (Penedo, min.46), Angel, Victor (Ivan, min.88), Tasky (Isma, min.60), Diego (J. Ramón, min 79), Fer.
  • XALLAS: David, Luis Castro, David (Alexandre min 46), Dani Becerra (Toni, min.46), Nacho (Cheli, min.84), Adrián, Brais, Sebas, Oscar, Ivan Forján e Isma.
  • Goles: 1-0, min.5: Diego; 2-0, min.7: Tasky; 2-1, min.60: Alexandre.
  • Expulsión: a Berto min 87 por agarrar a Cheli.

Saíu moi metido no partido o Cee ante un Xallas que pensaba máis na Liga. que tivo a maioría das ocasións no partido e que se adiantaba na primeira chegada. Un centro de Fer ao que Tasky non chega por pouco acaba nas botas de Diego que fusila a David. Na seguinte chegada, xa sen tempo a pensar, chegaba o segundo, tras unha saque de falta de Angel desde o medio campo, Fer coa cabeza impide que o balón salga e serve a Tasky para bater a David.
Reclamaría o Cee un claro penalti a Tasky cando encaraba a porteria visitante ao ser derrubado por un defensa. Tasky aprovéitase dun erro da defensa pero se enche de balón e desaproveita a ocasión. A 10 para o descnaso, un balón que se pasea por diante da porteria de Parroto foi a primeira chegada con certo perigo do Xallas. Dúas faltas no tempo de descanso unha de Brais que despexa Parroto e outra de Óscar que pega na cruceta, foron as mellores ocasións do Xallas no primeiro tempo.

Na segunda parte coa entrada de Toni, o Xallas mellorou, pero non apenas inquedou a Parroto. Só un saque de falta rápido que Sebas cruza demasiado aos 5 minutos da reanudación e unha gran parada de Parroto a Alexandre co 2-1 O gol chegaría nun erro de Julio que o aproveita Alexander para marcar.

As chegadas do Cee xa non eran tan perigosas ao empezar a notar o cansazo. Penedo tivo dúas ocasións unha logo dun gran pase por riba da defensa de Víctor, pero o seu tiro sae desviando diante de David. E un roubo de Angel que lla cede a Isma que deixa a Penedo pero o seu tiro desde a frontal sae tamén desviado.

Todo queda pois para Fontenla.

Camariñas - Corme (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Adrián, min.80), Maikel, Roi (Paco, min.70), Alberto, Moriño, De la Sierra, Brais, Javi, Juan oBello, Yuyo (Diango, min.65).
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martín, Diego, Adri (Abel, min.82), Iago (Brais, min.70), Lucas, Alejo (Lelo, min.78).
  • Goles: 1-0, min.55: Javi de cabeza nun córner; 1-1, min.60: Alejo tras roubar un pase atrás de Juan oBello a Pombo; 1-2, min.65: Alejo tras un pase de Alejandro de vaselina; 2-2, min.90: Javi de penalti.
  • Expulsión: o cormelán Jesús no penalti final por parala ca man no min.89.

Resultado bastante xusto entre estas dúas propostas moi fortes e distintas. O Camariñas buscando o xogo directo, o Corme, coma sempre tocando máis, de feito os goles do Camariñas foron de córner e as do Corme en xogadas trenzadas.

A primeira metade estivo moi igualada, sen demasiadas ocasións, só un par por bando, unha chegada de Yuyo e outra de Alejo.
Na segunda, comezaba con goles, co Camariñas un punto superior. Marcou Javi e ata o empate non tomou o control o Corme, que tomou o control e deu a volta ao marcador por medio de Alejo.

Co 1-2 puido matar o choque o Corme o partido, pero faltou físico para remachar. E o Camariñas puido reaccionar: Javi parou un tiro de Javi antes do empate final, que chegaba tras un claro penalti por mans de Jesús cando o balón xa se colaba.

Cabana - Dumbría (0-2)

  • CABANA: Añón, Pancho, Marcos (José, min.70), David, Eloy García, Sandro (Rubén Rama, min.60), Jacobo, Adrián (Allo, min.55), Eloy Pereira, Josiño , Diego (Dani, min.50).
  • DUMBRÍA: Sergio, Iván, Aarón Fdez, Aarón López, David, Cote, Riki, Eloy, Luís, Luisete, Cacho. Tamén: Juan Purrúa, Roberto, Toja, Riki, Rodrigo.
  • Goles: 0-1, min.20: Luís de penalti por unha man na barreira que probablemente non fun; 0-2, min.30: Luís de corner directo.

Partido adiantado ao venres porque o Cabana tiña 4 partidos en 4 días... E eran dous equipos cansos trala copa do xoves: o Cabana pensando na Fase de Ascenso; e o Dumbría con moitos xuvenís, que xa están pedindo sitio. De feito, ademais do Cote no once, a entrada de Toja, Roberto, e Riki foi importantísima, e aínda así a defensa estivo firme todo o partido.

E o partido non reflectiu a diferencia de 3 categorías. Os cabaneses apretaron moito, e mereceron levar unha mellor renda para a volta. O Dumbría adiantouse ademais tras un penalti moi protestado, por unhas supostas mans dun defensa na barreira nunha falta, que os cabaneses din que petou na caluga. 10 minutos despois, Luís facía o segundo.

Na segun intentouno o Cabana con todo o que puido. Allo tirou ao pao, e Josiño tivo un par delas bastante boas como unha boa falta que saíu pegada ao pao.

Soneira - Santa Comba (2-5)

  • SONEIRA: Martín, Darío, Pichi, Ferreiro (Martín, in.60), Pablo (Vecino, min.46), Mauro, Mayor, Cristina Canosa (Brais, min.60), Santi (Chans, min.46), Cristian Figueroa, Iago (Kike, min.46).
  • SANTA COMBA: Diego, Angelo, Óscar, Roberto, Orlando, Jota (Chinda, min.16), Doro, Toni (Darío, min.75), Baña (Noli, min.60), Julián, Mon.
  • Goles: 1-0, min.32: Cristian Figueroa dende a frontal; 1-1, min.36: Mon dende a frontal co exterior; 1-2, min.48: Angelo de cabeza nun córner; 1-2, min.59: Roberto de falta directa; 2-3, min.84: Chans tras unha xogada de Kike; 2-4, min.85: Noli nun balón ás costas; 2-5, min.87: Doro cun centro chut.

Equipo de circunstancias de Miguel, máis pensando no choque do domingo, con 3 xuvenís de inicio. O Santa Comba, pola contra, con todo, non reservou a ninguén, e agora que non cumpliron o obxectivo na Liga, si que pensa en resarcirse na Copa.

Ao descanso o marcador sinalaba un igualado 1-1. Aguantaba o Soneira o control laranxa. Pero na segunda comezou pegando o Santa Comba, ao que lle segue costando marcar. De feito, non sentenciou ata os últimos 5 minutos, cando uns minutos de desconcerto local permitiron que Noli, e Doro sentenciaran a eliminatoria.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios