Martes. 23.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Sofán, Zas e Castriz dan un paso cara Oitavos

Copa da Costa: Sofán, Zas e Castriz dan un paso cara Oitavos
San Lorenzo-Corme da Copa da Costa-Foto-Fin Lema

Tiña lugar esta fin de semana das Letras a ida dos Oitavos da Copa da Costa. E grandes partidos que nos deixaron, onde só 3 eliminatorias quedaron encarriladas. O Sofán, que vai con forza pola Copa despois dun bo ano na 1ª, endosou 4 goles a base de pegada ao Buño. O Zas quixo deixalo todo listo para centrarse a semana que vén na Fase, e marcoulle 7 ao Castrelo. E o Castriz deu conta do rei de Copas, o Cee, que terá que facer unha boa xesta na volta para meterse nos cuartos.

Polo demais, todo igualado. Fermosas están as eliminatorias entre San Lorenzo e Corme e entre Baio e XSC, probablemente as de maior entidade, e que se decidirán no Cairo e en Fontenla. Mentres, en Cee, o Fisterra sacou unha lixeira renda ante o Ameixenda; o Ponteceso fixo o propio ante o Seaia e Carnota e Camariñas deixaron un empate que deixa todo para decidir no Hermanas Patiño.


Ameixenda - Fisterra (2-3)

11 do Ameixenda na Copa-Foto-Campos Gallegos
  • AMEIXENDA: Campos, Jorge, Demetrio, Mateo, Álex, Javichu, Camacho, Jesús (Óscar, min.80), Mario (Purty, min.34), Andrés e Cristian.
11 do Fisterra na Copa-Foto-Campos Gallegos
  • FISTERRA: Ángel, Munitis, Rubia, Julito (Juan), Breixo, Manuel Cartamil, Cristian (Asier), Guardiola (Gabi), Roco, Pablo Lestón e Mané (Adrián).
  • Goles: 0-1, min.2: Rubia; 1-1, min.31: Álex de volea dende fóra da área pola escuadra; 2-1, min.52: Camacho noutra espectacular volea lonxana; 2-2, min.70: Pablo Lestón de penalti; 2-3, min.89: Juan marca un golazo dende fóra.
Ameixenda-Fisterra da Copa-Foto-Campos Gallegos

Partido moi igualado en Cee, a pesar de que o Ameixenda viña dun partido fundamental o sábado. O Fisterra tivo máis ocasións pero por xogo o empate tería sido máis xusto. O mellor do partido, os golazos que se viron.

Comezou o Fisterra por diante pero o cadro de Pato, a base de empuxe e bo xogo, deu a volta ao marcador ao comezo da segunda metade. Pero apareceu de novo a licade fisterrán para facer o empate dende os 11 metros, e marcador un gol antes do pitido final que dá unha boa vantaxe aos de Nacho.

Pablo Leston non falla de penalti-Foto_Campos Gallegos

Sofán - Buño (4-0)

Sofan-Buno de Copa-Foto_SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Leilán, Félix, Rubén (Marcos Pensado, min.56), Pablo Martínez, Seo, Iván Rojo, Luís (Ceide, min.56), Bertín (Méndez, min.66) e Raúl (Míchel, min.61).
  • BUÑO: Toni; Jorge Pombo, Rubén, Casaise Uru; Juan, Emilio (Dani, min.46), Dourado (Víctor, min.65) e Fran (Miguel, min.70); Santi e Charro.
  • Goles: 1-0, min.8: Raúl recibe en profundidade de Rojo e engancha un trallado dende o borde da área; 2-0, min.10: Rojo de sorprendente zurdazo á media volta; 3-0, min.37: Luís aproveitase dun erro da defensa para batir a Toni na súa saida; 4-0, min.48: Raúl recibe de Rojo e non falla dende o borde.
  • Expulsións: no descanso ó adestrador Chema Rivadulla, e a Tonino 62 e Rubén no 68 por parte visitante.

Demostrou unha tremenda pegada o Sofán recuperando as sensacións no Carral e superou con claridade ao Buño deixando a eliminatoria de oitavos de final encarrilada. Tarde veraniega con uns 235 afeccionados na gradería. Houbo, antes de comezar, unha fermosa homenaxe ós equipos prebenxamin e infantil do Sofán polos seus recentes exitose, gardouse un minuto de silencio en respeto á traxedia acontecida en Silván.

Sen apenas tempo a que se vira a diferencia de categorías, o Sofán púxose 2-0. Intentou reaccionar o Buño cunha boa ocasión de Santi que se foi lamendo o pau. Pero un erro defensivo dáballe o terceiro ó cadro local antes do descanso. Na segunda terminou por descompoñerse o Buño, acabando con 9 xogadores. Os locais disfriutaron dunha tarde apacible e con fermosos tantos, e o Buño marchou coa sensación de que foi demasiado castigo para o traballo que fixeron no campo.

Estes foron os goles da man de Luís González:


Castrelo - Zas (1-7)

  • CASTRELO: Carreira, Víctor, Pichón, Marcos (Quintáns), Cachi, Luís (Lucho), Stiven, Berdoias (Félix), Capote (Suso) e Elvis.
  • ZAS: Rizos (Tívoli, min.60), Fabián, Pereiro, Martín, Manu, Pablo, Peke (Pablo Ternande, min.46), Isma, David Blanco (Andrés, min.46), Rubio e Álex Flores (David Amado, min.57).
  • Goles: 0-1, min.8: Peke a centro de Rubio; 0-2, min.26: Isma de vaselina a pase de Pereiro; 0-3, min.33: David Blanco a pase de Manu; 0-4, min.35: Peke de falta lonxana; 0-5, min.39: Rubio a pase de David; 0-6, min.44: David Blanco aproveita o rexeite do mate local; 1-6, min.47: Berdoias; 1-7, min.67: Isma a pase de Pablo.
  • Lesión: o meta zaense Tívoli nun xeonllo.

Regular entrada con 60 persoas no Municipal de Vimianzo, nun partido sen historia con un Zas que foi moi superior e que resolveu na primeira parte e na segunda xogou con moitos xuveniles. Moita difetencia entre un equipo e outro, que se reflexou no marcador. Aínda así o Castrelo puido maquillar o resultado con 3 tiros ao traveseiro, un de Roi de córner directo, un de Felix de falta e Lucho de falta.

Deixa así sentenciada a eliminatoria o Zas para afrontar a vindeira semana a Fase de Ascenso.


San Lorenzo - Corme (1-1)

  • SAN LORENZO: Puyol, Rudi (Javi Puñal, min.65), Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo, Adrián Fraga, Schuster (Joaquín, min.68), Rubén, Fuentefría (Anxo, min.78), Canay (Óscar Suárez, min.60) e Juni (Kevin, min.78).
  • CORME: Suso, Joshua, Pandi, Alejandro, Diego; Adrián Doldán, Brais, Sergio, Juan Chans; Lucas e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.8: en propia meta; 1-1, min.55: Lucas.
Calor en Verdillo para o San Lorenzo-Corme-Foto-Fin Lema

Gran partido entre dous equipos que expoñen e intentan ser protagonistas. As bancadas de Verdillo locían un fermoso ambiente na tarde dominical. Na 1ª parte saíu moi forte o cadro local,e xa no m.8 conseguían adiantarse tras un rexeite dun córner ó longueiro que empurra un xogador do Corme en propia meta cando intentaban despexar.
Pouco despois Alex Figueiras remataba unha falta á cruceta. Seguía apretando o cadro de Pedro Gómez e Schuster, tras unha gran xogada colectiva, remata de cabeza ó longueiro. O propio Sxhuster e Juni tamén terían dúas ocasións máis que despexa ben Suso. Os achegamentos máis perigosos do Corme serían dous remates de falta q despexa ben Puyol.

Na segunda parte cambiaron as tornas e era o Corme o que dominaba e o partido abriuse máis. Conseguen o empate por medio de Lucas tras un fallo defensivo. Puido aí o Corme darlle a volta á eliminatoria pero o San Lorenzo foi recuperando o mando dominando o último cuarto de partido. O Corme aguantaba e saía con pergiosas contras, pero as mellores ocasións nos últimos minutos eran para os vermellos, con remates de Joaquín e un gol anulado a Óscar Suárez.

Todo queda para unha fermosa volta no Cairo.

San-Lorenzo-Corme-Fotos-Fin-Lema

Ponteceso - Seaia (3-2)

11 do Ponteceso ante o Seaia na copa-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Dani Cotelo, Moscoso, Javi Peón, Alberto Recarey, Dieguito (Ismail, min.85), Martín Puente, Juanma, Eloy (Youssef, min.78) e Christian Martínez (Pablo Regueiro, min.72)
11 do Seaia no Pinguel-Foto-SD
  • SEAIA: Jesús, Víctor, Vistas, Adrián, Javi Rañal, Miguel Riveiro, Eme, Feli, Nando, Tato e Camilo.
  • Goles: 1-0, min.15: Christian Martínez; 2-0, min.44: Christian Martínez; 2-1, min.50: Eme de penalti; 2-2, min.70: Nando de falta; 3-2, min.91: en propia meta.
Ponteceso e Seaia no Pinguel-Foto-SD

Partido moi reñido no Pinguel ante unhas 150 persoas, con dous equipos intentando tratar moi ben o balón. O Seaia prantou cara a un Ponteceso que comezaba mandón e que se adiantab ao cuarto de hora, e ampliaba a renda ao fío do descanso, despois de que o Seaia dominase o último cuarto de hora sen sorte cara gol.

De feito, saíu moi enchufado o cadro de Tato, e facendo moito desgaste físico e no min. 50 o árbitro da contenda pitaría penalti que marcaría Eme, seguía volcado o Seaia no campo do Ponteceso e no min.70 nunha falta o borde da área o ex xogador pontecesán Nando marcaría un golazo a toda escadra. A partir de aí o Seaia empezou a acusar o desgaste e nun rexeite na área entraría o balón nas mallas cun gol en propia xa co tempo cumprido. Así e todo queda para a volta.

Ponteceso-Seaia de CopadaCosta-Foto-SD

Castriz - Cee (4-1)

  • CASTRIZ: Diego, Martín Gemelo, David (Alberto), Martín Uru, Dani Martínez, Bruno, Agra, Chinda, Adrián Beiroa (Cilindro), Luís e Bolón.
  • CEE: Paulo, Fiuza, Jorge, Jacobo (Borja, min.75), Aitor, Dani Freire, Paco, Gabriel (Xavi, min.85), Piquero (Rubén Castillo, min.78), Juan e Leo (Josiño, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Luís a pase de Beiroa; 1-1, min.50: Piquero de falta; 2-1, min.65: Adrián Beiroa de penalti; 3-1, min.70: Chinda; 4-1, min.82: Cilindro.

Boa renda leva o Castriz para a volta nun partido bonito, disputado, con sabor costeiro, que se lle fixo demasiado longo, e con demasiada calor a un Cee que non soubo competir e que non está no mellor momento de forma. Pola contra, Esteban Blanco recupera a todos os efectivos e chega con moita ilusión nesta copa.

O partido empezou co Castriz levando o ritmo fo partido pero sen crear ocasións ata que no minuto 20 Beiroa vaise de tres contrarios e cede para que marque Luís. A partir de aí foise igualando o partido e no minuto 44 os ceenses piden un penalti sobre Leo, que puido supoñer o empate. Despois fo descanso o partido foi igualado e nunha falta conseguía empatar o Cee, por medio de Piquero. Tiña aí o Cee a eliminatoria ben amarrada, pero o Castriz foise entonando, apretando e facendo valer a súa superioridade física, meténdose por diante cun penalti tonto, e deixando o choque sentenciado en dúas fermosas contras culminadas por Chinda e Cilindro.


Baio - XSC (1-1)

  • BAIO: Pollo, Yago, Fachal, Mario, Porto, Norberto, Brais, Cristian, Saleta (Josiño), Bieito e MC (José, min.60) (Ramón, min.80).
  • XSC: Iván, Alberto, Oscarín (Santi, min.72), Jota, Aarón, Jesús, Marcos (Anxo, min.77), César, Joshi, Choco (Steven, min.60) e Vía Rápida (Kevin, min.53).
  • Goles: 1-0, min.6: Cristian fai un bo control e sin deixala caer e desde o pico da área pequena lanza un obús que entra pola escuadra pegando no longueiro; 1-1, min.25: Aarón de cabeza nun córner botado por Joshi.

Partido igualado o visto no Platas Reinoso, con poucas ocasións claras por ambas partes e dous equipos moi parellos. Na primeira parte o XSC de Doro, que se estreaba no banco xalleiro, tiña moita posesión de balón con chegadas pola banda de Oscarín, pero ante o que a defensa baiesa estivo moi segura.

Así e todo era o Baio o que abría o marcador moi pronto, e o XSC tardaba en empatar ata o ecuador da primeira, por medio de Aarón tras un córner.

Na segunda parte seguiría parecida á primeira pero co Baio intentando algo máis, e o Xallas dando por bo o resultado.


Carnota - Camariñas (3-3)

  • CARNOTA: Nowita, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Ferreiro, Niko, Pumuki (Boni, min.70), Raúl, Tono da Caixa; Míchel e Robi.
  • CAMARIÑAS: Denís, Nico, Piti, Martín, Sule, Pereira (Javi, min.65), David, Ismael (Saviola, min.50), Mario (Martín, min.85), Darío (Brais, min.70) e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.15: Ismael pola escuadra dende o borde da área; 1-1, min.20: Robi de córner directo coa axuda dun defensa; 2-1, min.25: Pedro Pichín de cabeza; 3-1, min.35: Tono da Caixa marca un golazo pola escuadra; 3-2, min.40: Yuyo; 3-3, min.75: Darío.

Fermoso partido copeiro en Lombáns, con boas ocasións e dous novos porteiros, Nowitan(xogou ante o primeiro partido que falta Luís de la Peña este curso) e Denis (xogador de campo que se tivo que meter baixo paus polas baixas), que fixeron un gran partido. O Camariñas saía moi enchufado, tendo o control do xogo, adiantándose no marcador cun golazo de Ismael de fora da área, e puidendo ampliar a renda. Pero o Carnota foise metendo no partido e cun córner de Robi coa axuda da defensa empataba, e de seguido marcaría o segundo por medio de Pedro a pesar das protestas dos visitantes por un posible empurrón. Chegaria o terceiro nunha contra de Tono da Caixa, que sorprendía coa súa labor en ataque ante as baixas dos de Cambeiro. En apenas 10 minutos o Carnota daba a volta ao marcador.

Pero o Camariñas non decaeu e antes do descanso Yuyo aparecía para recurtar. A segunda parte foi máis igualada, fallando unha clara ocasión cada un. O Camariñas seguía insistindo e empataba o partido deixando a eliminatoria igualada para a volta.


Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios