Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Copa: Final adiantada

Copa: Final adiantada

Parece que van sobrar a volta das semifinais tralos contudentes resultados desta ida. I é que Dumbría e Santa Comba deron un paso de xigante vencendo con rotudindade a Corme e Xallas, ambos ademais fóra de casa.
Unha final, por certo, mal vista por un amplo sector do fútbol da Costa, que considera que a participación dos equipos de Preferente desvirtúa a competición.

Fóra de casa, pero no seu campo de Fontenla, o Santa Comba decidiu o derbi xalleiro de xeito claro, nun choque que pode ser o penutimo derbi xalleiro, unha vez que a fusión entre ambos clubes está cada día máis preto. I é que soster dous equipos en Preferente para unha vila como Santa Comba ten un prezo moi alto, e cun Xallas cunha base social importante, e un Santa Comba con apoios económicos serios, están abocados a entenderse.

Polo outro lado, os romanos puideron cos galos. O Corme non puido cun Dumbría tremendamente efectivo. A marea azul controlou a primeira metade e fixo un bo encontro, pero baixo o ritmo na segunda e o Dumbría, a base de pegada, sentenciou a eliminatoria.

Xallas - Santa Comba (0-4)

  • XALLAS: David, Ismael (Sebas,m in.65), Iván Forján (Oscar, min.75), Dani, Rubio, Ricardo (Luís Castro, min.65), Rubén Alemán (Pío, min.60), Luís, Toni, Alexandre.
  • SANTA COMBA: Pablo, Roberto, Óscar, Angelo, Orlando (Jota, min.54), Mon (Chinda, min.58), Doro (Dario, min.75), Toni, Noli, Julián, Pablo Baña (Marcos, min.75).
  • Goles: 0-1, min.5: Noli tras un córner peiteido; 0-2, min.55: Doro dende a frontal á escuadra tras unha combinación con Julián; 0-3, min.60: Chinda tras un xogadón de Julián que lla cedeu para emurrar; 0-4, min.77: Roberto tras un córner.
  • Lesión: Iván Forján cun problema no xeonllo.

Vivíu Fontela o que pode ser o penúltimo derbi xalleiro. E non estivo cheo, pero xa 500 persoas son unhaboa entrada. E o derbi tivo unha soa cor, o laranxa. Na primeira aínda aguantou o cadro de Iván Cancela, que recibía pronto o primeiro tanto de Noli, pero que parecía respostar con potencia. Así, Luís mandou ao pao no min.14, avisando que o Xallas non marchara do partido.

Pero pouco a pouco a maquinaria dos de Gelucho foi facéndose co partido. Fixo correr aos verdes que foron perdendo folgos. O comezo da segunda foi letal. Dous goles en 15 minutos mataron o partido e a eliminatoria, deixando paso para que o Santa Comba se coloque na final.

Corme - Dumbría (1-4)

  • CORME: Javi, Adolfo, Pandi, Martín (lelo, min.75), Alejandro, Jesús (Abel, min.80), Adri (Juan Chans,m in.46); Lucas (Diego, min,70); Brais, Iago, Alejo.
  • DUMBRÍA: Sergio, Isma (Iván Pequeño, min.65), Aarón López, Aarón Fdez., Schuster (Eloy, min.70), Iago, Luisito (Riki, min.75), Luisete, Leo (Cacho, min.70).
  • Goles: 0-1, min.10: Leo tras un rexeite; 1-1, min.15: Alejo resolve un man a man con Purrúa; 1-2, min.35: Iago; 1-3, min.75; Cacho; 1-4, min.85: Riki.

A pegada dumbriesa foi clave para derrotar ao Corme e case sentenciar o pase. O Cairo vivía unha tarde de gala pero a diferencia de categoría notouse. E iso que os locais respoderon ao primeiro golpe dos dumbrieses, e Alejo anulou o gol inicial de Leo.

O partido estaba igualado, sen dominador claro, pero con un Corme que combinaba con máis precisión e dun xeito máis bonito que os rivais. E cando mellor estaban os locais, Iago facía, a 10 do descanso, un gol deses que doen, outra vez tras varios rexeites dentro da área.

Así se chegaría ao descanso. Saíu a por todas o Corme, e Alejo puido recurtar pero Purrúa respostou. Pouco a pouco, os folgos da marea azul foron decaendo, e dúas contras letais do Dumbría acabaron co partido. Efectividade total de Cacho e Riki, para deixar a final a un paso.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios