Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee

Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee
Na Liga de Futbol Sala de Cee xogan sempre ducias de xogadores coñecidos do Fútbol da Costa como Fran Pioto ou Diego Cespón Na Liga de Futbol Sala de Cee xogan sempre ducias de xogadores coñecidos do Fútbol da Costa como Fran Pioto ou Diego Cespón

Despois de 29 anos, a Liga de Fútbol Sala de Cee, unha das máis intensas da bisbarra, terá que trasladarse a Corcubión. Así o recoñecían os membros da Asociación San Cristobal, que colleron o relevo nestes últimos anos da man de Juan, que estivo máis de 25 anos á fronte desta xa mítica competición costeira.

Agora, a Escola de Fútbol e o Concello de Corcubión, con Carlos Pazos á cabeza, toman o relevo, e invitan a todos os equipos que levan participando na liga ceense, que se apunten para seguir mantendo o pulso.

Así, xa está aberto o prazo oficial para participar na nova liga de fútbol sala sénior de Corcubión. A organización facilita o teléfono móbil 661 348 339 ou o fixo 981745400 para inscribirse e a cota por equipo é de 250 euros. O máximo de equipo seran 16 e serán por orde de inscripción.

O prazo de inscripción finaliza o martes 11 de outubro, cando se celebrará unha reunión, un encontro de delegados e organización para planificar a tempada, mirar as datas e os días de celebración dos encontros, así como deseñar o calendario, unha vez que se saiba o número de conxuntos que van competir.
Tras esta reunión ese mesmo mes será cando se inicien os partidos, que se disputarán de luns a xoves, a partir das 20.30 horas no pabillón de Corcubión.

Temporadas pasadas

Comentarios