Martes. 15.10.2019
El tiempo

Corcubión prepárase para a IX Carreira Popular

Corcubión prepárase para a IX Carreira Popular

O vindeiro sábado 24 de setembro do 2011, no marco da Festa das Mercedes, terá lugar a IX Carreira Popular "Vila de Corcubión". Dende as 17:00h da tarde a Praza de Castelao encherase de atletas, na procura dunha carreira distinta.

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto ata o venres día 23 de setembro no Concello de Corcubión (Tlfn. 981 74 54 00), se ben o propio sábado ata as 17:00h poderán formalizala súa inscrición na propia Praza de Castelao.

Horarios

  • 17:00h: hora tope de entrega de dorsais.
  • 17:15h: Salida categorías Prebenxamin (nados nos anos 04-05-06) e Benxamín (nados nos anos 02-03).
  • 17:30h: Salida categoría Alevín (nados nos anos 00-01) e Infantil (nados nos anos 98-99).
  • 18:00h: Salida categoría Sub 18, Absoluta e Veteranos (mayores de 35).

Ao remate da proba haberá Servicio de Duchas no Club Naútico Carrumeiro (situado no peirao) e unha camiseta técnica para os 150 primeiros participantes.

Percorrido

A carreira transcorrirá polas rúas de Corcubión. O circuito consta de tres treitos:

  • Percorrido pequeno (para as categorías prebenxamín e benxamín). Circuito de 459m. Comeza e remata na Praza de Castelao, pasando polas rúas Antonio Porrúa ata o “cruce de Ñica”, Avd. Constitución (pola beirarúa), ata a Praza de Castelao.
  • Percorrido medio. (para as categoría Alevín e Infantil). Este circuito consta de 926m . Comeza e remata na Praza de Castelao, pasando polas rúas Antonio Porrúa ata o “cruce de Ñica”, Avd. Constitución (acera), Praza de Castelao, San Marcos, Praza Parroco Fco. Sánchez (Campo da Igrexia), As Mercedes, Campo do Rollo, Mártires, Praza Médico Ramón Carrera (Plazoleta), Pepe Miñones e Praza de Castelao.
  • Percorrido grande (para as categorías sub18, absoluta e veteráns). Este circuito consta de 1650m. O inicio é igual que o anterior percorrido pero o chegar a Plazoleta desviaranse pola rua Carreira do Conde seguindo pola rua Amarelle ata chegar a rua dos Perigos continuando pola rua Antonio Porrua ata chegar de novo a Praza de Castelao. O recorrido total sera de 5000m, agás os sub-18 que farán 3400m.

Premios

Haberá premios en todas as categorías, e os que suban ao podio levarán unha medalla ademais dos seguintes premios en metálico:

PosiciónVETERANOSABSOLUTA mascABSOLUTA femSUB 18
1ºclasif.100 € + TROFEO150 € + TROFEO100 € + TROFEO75 €+TROFEO
2ºclasif.50 € + TROFEO75 € + TROFEO50 € + TROFEOTROFEO
3ºclasif.TROFEOTROFEOTROFEOTROFEO

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión, da man do técnico de Deportes Carlos Pazos.

Comentarios