Martes. 15.10.2019
El tiempo

Corcubión prepárase para a simpática X Carreira Popular

Corcubión prepárase para a simpática X Carreira Popular

Unha das Carreiras pedestres máis auténticas da zona é a X Carreira Popular "Vila de Corcubión". Este ano a carreira chega á décima edición e se celebrará o sábado 22 de setembro do 2012, coincidindo, coma sempre, coa festividade das Mercedes.

A partir das 17:00h (hora tope de entrega de dorsaís) comezarán as carreiras coa saída da categoría Andaina. A partir das 17:15h sairán os pequenos e a partir das 17:30h coas infantís e sub-18 e ás 18:00h a Absoluta e Veteranos.

Coma sempre, a carreira partirá dende a Praza de Castelao. O percorrido nas categorías benxamín (450m), alevín (900), infantil (900m) e sub18 (1.800m) será polo casco urbán mentras que na carreira de Senior e veteráns será polo casco urbán e despois ira polo camiño de Santiago para deixalo e recorrer toda a estrada do faro voltando polo paseo marítimo ata volver a chegar o casco urban cun recorrido de 9.000 m. Ademais, haberá Servicio de Duchas no Club Naútico Carrumeiro (situado no peirao).

Haberá premios para todas as categorías e unha camisola de regalo para todos os participantes. E as incricións admitiranse ata o propio día 25 de setembro ás 17:00 horas podendo facelo no Concello de Corcubión (Tlfn. 981 74 54 00) ou na propia saída o día da carreira.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios