Venres. 22.11.2019
El tiempo

Dani Becerra, un golazo que foi insuficiente

Dani Becerra, un golazo que foi insuficiente
Non é un dos habituais goleadores xalleiros, aínda que ultimamente se está a prodigar máis do habitual. Na final de Copa da Costa pasada foi seu o gol dos verdes, e o domingo en Arteixo agarrou un balón dun rexeite e clavouno onde dormen as arañas. Aínda así de pouco serviu pois o Xallas caeu derrotado ante os arteixáns, e prolonga o seu irregular inicio de tempada, cun so punto en tres encontros. Dani Becerra, central verde, xogador xa cunha traxectoria ás espaldas que comprende ó Bergantiños, Dubra, Xallas en dúas etapas, e Sofán, fíxose un fixo na defensa xalleira. O defensa de Tordoia cóntanos como está a ver as cousas. QPC - Que pena a derrota en Arteixo. Tivestes a vitoria na man e escapáronse os puntos contra o final. O partido a nivel competitivo estivo bastante igualado, foi un pouco superior o Arteixo na primeira parte dado que non contábamos con ese plantexamento por parte deles. Pero con unhas variantes que fixo o adestrador empezamos a ter mais posesión do balón. Diria que na segunda parte fomos superiores podendo poñernos por diante no marcador con varias ocasións claras de gol, pero no desconto tivemos un desaxuste defensivo que souberon aproveitar. QPC - Disque marcaches un auténtico golazo. O gol veu despois dun córner. Saiu o balón rexeitado a saque de banda a favor nosa, e tras unha serie de rebotes apareciume o balón ó borde da media lua máis ou menos, pegueille con intención de que collera portería pero non contaba con metela pola escadra. QPC - Non empezastes moi ben que digamos na liga, un calco ó do ano pasado. Que vos está a faltar? Eu creo que nos está faltando fortuna de cara ó gol. Os últimos dous partidos (Boimorto e Arteixo) non merecemos vir sen ningún punto. QPC - O Xallas fixo unha boa remodelación do plantel, fichando xogadores de bo nivel pero que de momento non están a rendir o esperado. Estades a notar a falta de acoplamento das novas incorporacións? Quizáis nos falta coñecernos un pouco mais a nivel equipo, empezar a gañar para coller confianza. QPC - A liga este ano está complicada, subiu moito o nivel. Noia e As Pontes teñen equipazos, e despois hai uns 12 ou 14 equipos con planteles de calidade. Sacar os puntos vai a ser unha batalla cada domingo, non? Os equipos que coñezo, e por oidas teñen moito nivel, creando unha Preferente complicada e ó mesmo tempo bonita para xogar. QPC - Xa eres un home experimentado, con traxectoria dilatada e variada en canto a vestiarios e categorías. En que punto da túa carreira estás? Despois de duas operacions de xeonllo importantes non contaba de volver a xogar neste nivel. No Xallas atópome ben, é a segunda tempada consecutiva e espero que non pasemos os apuros do ano pasado. A nivel persoal gardos bos recordos de todos os equipos e sobre todo boas amizades que eu penso que é o mais importante. Para o ano gustariame seguir disfrutando do fútbol, e se pode ser nesta categoría mellor.

Comentarios