Venres. 19.04.2024
El tiempo

David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi

David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi

A unha xornada para rematar a 1ª División Estatal, as alegrías chegan da man dun carballés. Se a semana pasada celebraba o título xuvenil co Ifecgas Pereira, sen tempo a descansar David García Pichel arrincaba para Noruega, onde a Selección Española Xuvenil conseguiu a clasificación para o Campionato de Europa, que se terá lugar durante o verán en Austria.
O combinado español acabou na segunda posición da Fase de Clasificación disputada a pasada fin de semana en Noruega, logo de derrotar a Israel e Montenegro e caer nunha terceira e intrascendente xornada ante Noruega, ambos xa estaban clasificados antes da disputa deste último partido. O carballés asinou 9 goles nos 3 encontros.

No tocante á competición sénior, o Conservas estase a deixar ir tras confirmar o seu descenso pero asegura non rematar de faloriño vermello, e caía en Lalín con contundencia. Pola súa banda, o Xiria despediuse da súa afección cunha vitoria, para celebrar o xa asegurado 5º posto.
A vindeira semana, Conservas e Calvo disputarán o segundo derbi da historia no que os camariñáns querrán a revancha tralo partido de ida.

Calvo Xiria - Cafes Toscaf (29-20)

Comentarios