Domingo. 31.05.2020
El tiempo

De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo

De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo

Tiveron que agardar ata a tardiña os mellores especialistas do mundo para sacar as súas táboas e papaventos. I é que vento, sempre clave nestes eventos deportivos, fíxose de rogar. Así e todo, e despois do xantar ofrecido polo restaurante Praia de Quenxe, a I Travesía de Kitesurf na Costa da Morte, puido desenvolverse con normalidade.

Numerosos veciños e turistas, puideron ser máis, achegáronse ata a praia Langosteira, en Fisterra, para ver a saída dos 15 participantes neste primeiro contacto da bisbarra co kitesurf. E iso que contamos cun dos grandes a nivel peninsular, como é o carnotán Abel Lago. Entre as que fixeron voar as súas velas estaba tamén a catalana Elena Antón, vixente campiona de España de Free Style, que deixou claro que para o ano volverá achegarse ata este recuncho da fin do mundo.

Os kite-surfeiros partiron do areal fisterrán. Un dos máis comprometidos, o propio Abel Lago, paseouse por toda praia facendo saltos que deixaron ca boca aberta a todos os bañistas. Trala saída, as táboas navegaron empurradas por Eolo ata Quilmas pasando polas Lobeiras. A volta, ante a falta de vento, estaba moi complicada, así que regresaron a terra na lancha de Buceo Finisterre.

Da implicación dos protagonistas deron conta os voluntarios de Protección Civil de Fisterra. I é que os propios Abel Lago e Elena Antón se achegaron ao areal fisterrán o día anterior á proba, para explicarlle como se collían as velas de free style para poder axudar aos parcticipantes na competición.

E pola noite, festa

Non quedou aí a sesión, xa que pola noite, os Bakin'Blues Band voltaron ofrecer a súa música negra na mesma explanada onde unha semana antes tocara sesión folk.

A cita estivo organizada por María Alcalde, "Vive Fisterra" e a empresa de turismo activo Atlantis Adventure, en colaboración con Buceo Finisterre e o Clube de Kitesurf Fillos do Vento, e o restaurante Praia de Quenxe.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios