Deporte e Saúde con DaFIT: Ciclo Circadiano, Arredor do día
07:37 04/05/16
En infinidade de ocasións escoitamos dicir que o noso corpo é como un reloxo, que el marca o noso ritmo. Hai xente que defende isto a ultranza, pois ben, existe unha disciplina científica a cronobioloxía que se basea nisto. Concretamente en que, o corpo humano segue unhas pautas ou un patrón establecido que se repite, estuda as variacións da actividade biolóxica e das funcións fisiolóxicas en función dun tempo estipulado. Estes ritmos biolóxicos polos que se rexe o organismo humano están sincronizados, na meirande parte dos casos, con factores ambientais que determinarán o comportamento das células do corpo.
Ruta BTT Concello de Dumbría
Os ritmos biolóxicos son moitos e moi variados. Algúns coñécense con exactitude, mentres que outros, especialmente os que se refiren á secreción de certas hormonas e substancias neurotransmisoras están en proceso de investigacións. Estes ritmos clasifícanse en función de súa periodicidade, é dicir, da duración que ten cada un dos seus ciclos completos. Aqueles que se repiten cunha periodicidade menor ás 24 horas denomínanse ultradianos; por exemplo, o ritmo do co que late o corazón, que dura aproximadamente un segundo; os ritmos de actividade cerebral rexistrados por medio do electroencefalograma, de duración comprendida entre un e sesenta segundos, os ritmos de motilidade dixestiva, o ritmo da respiración, etcétera. Denomínanse circadianos os ritmos con periodicidade de unhas 24 horas de duración. Si a súa periodicidade é superior a un día de duración, trátase dos ritmos infradianos, como é o caso do ciclo menstrual, que ten unha duración aproximada de 28 días. Algunos ritmos infradianos se denominan también en razón de una duración más específica (ritmos estacionais). A continuación centrarémonos no Ritmo Circadiano.
O termo circadiano ven do latín“circa” (ó arredor) e “diano” (día), significa por tanto ó arredor do día, e alude a todo aquilo que pasa dentro do noso organismo cada 24 horas. Os ritmos circadianos son cambios físicos, mentais e conductuais que seguen un ciclo.
Os ritmos circadianos non é o mesmo que o coñecido como reloxo biolóxico pero ten relación. O reloxo biolóxico ou sistema de regulación temporal, controla os ritmos circardianos de xeito automático. Trátase de agrupacións de moléculas interrelacionadas localizadas no hipotálamo (área do cerebro xusto arriba de onde se cruzan os nervios ópticos, concretamente no núcleo supraquiasmático) que é o que leva a batuta en todo o proceso; dende as funcións que regulan o sono, a temperatura ou aquelas que regulan a fame. O habitual é que o ritmo circadiano estea vinculado a modificacións ambientais que tamén se desenvolven de xeito rítmico. De todas maneiras, é un ritmo endóxeno (interno) que pode reducir ou incrementar a duración do intervalo de acordo ó ambiente. Obedecen, por exemplo, e principalmente á factores ambientais como a luz. O día e a noite axudan a sincronizar os ritmos. O cerebro asocia unha maior actividade fisiolóxica con luz, mentres que, cando reina a escuridade, ditas funcións redúcense, sendo as horas entre as 3:00 e as 6:00 horas, os momentos nos que menor actividade teñen.
A luz que entra pola retina mándalle un sinal ó cerebro que lle ordena controlar a produción da melatonina (hormona que induce ó sono) aumentándoa durante a noite e diminuíndoa durante o día. Practicamente todas as funcións metabólicas están influenciadas directa ou indirectamente pola presenza ou ausencia de luz, o día e a noite. Por exemplo: o crecemento, a dixestión, o estado anímico, as capacidades mentais (concienciación, creatividade, memoria, etc.).
Como diciamos a ritmicidade circadiana define principalmente:
Os máis fáciles de advertir son aqueles vinculados á vixilia e ó descanso e ós patróns alimenticios. Ter sono ou fame nun horario similar, espertarse antes de que soe o espertador cando se está habituado a deitarse e espertarse á mesma hora, etcétera. A clave disto non é máis que a regularidade ou certo orde nos horarios. Si pola contra, se ten un desaxuste total nos horarios, os ritmos circadianos veranse afectados negativamente. Os cambios ou as interrupcións nos ritmos circadianos poden provocar diversos trastornos na saúde. Algúns dos factores que poden alterar estes ritmos son: os traballos a quendas, algúns medicamentos, o jet lag, o embarazo ou o abuso do alcohol. O organismo ten capacidade de re- axuste, pero o rendemento pode verse afectado. Neste contexto, fálase de trastornos do ritmo circadiano para definir a asincronía que ten lugar entre as fases de vixilia e o sono en relación ó ciclo día-noite.
Estas son algunhas recomendacións para unha sincronización dos ritmos circadianos axeitada:
- A liberación de hormonas (melatonina ou cortisol, entre outras).
- A regulación da temperatura corporal (con un pico durante o día e unha baixada durante a noite).
Reloxo Biolóxico (núcleo supraquiasmático del hipotálamo) | Vías de sincronización Proporciona ó reloxo a información das senais externas. (A luz, principalmente). | Vías eferentes Transmiten sinais ós sistemas efectores que expresan os diferentes ritmos fisiolóxicos e conductuais. Sincronizados habitualmente por elementos medioambientais (luz-escuridade) |
- manter uns horarios regulares para durmir e espertar.
- manter uns horarios regulares para as comidas ó longo do día.
- evita o exercicio intenso durante a noite.
- non durmas co televisor aceso.
- evita a cafeína e o alcohol.
- aumenta a exposición ó sol durante o día.
Sesións con Dafit
- Fast Food, receitas de comida rápida saudable.
- Receitas #ComeconDafit con produtos de temporada.
- Suplementos Queimagraxas!.
- Comer SAN, pode ser MALO?.
- A primavera o sangue altera!?.
- Ácido Láctico.
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.