Martes. 16.04.2024
El tiempo

Dez equipos participarán na I Copa da Costa de fútbol praia

Dez equipos participarán na I Copa da Costa de fútbol praia
Copa da Costa de Futbol Praia

Un total de dez conxuntos costeiros, seis masculinos e catro femininos, loitarán pola I Copa da Costa de fútbol praia que se celebrará o vindeiro sábado 23 de xullo de 2016 na praia de Canido (Malpica).

Serán un total 21 encontros dunha modalidade deportiva na que tanto Galicia como España son unha potencia mundial. A mostra máis clara deste potencial é o pontecesán Ramiro Amarelle, considerado o mellor xogador de fútbol praia da historia e quen ademáis é unha parte moi importante desta competición ao colaborar coa organización en todo o posible.

Este novedoso campionato dará comezo ás 10:30h coa disputa do primeiro encontro do día e finalizará ás 21:00h da noite coa entrega de trofeos.

Horarios da xornada

10.30h. Corme CF – Sporting Seaia, grupo A da categoría masculina
11.00h. Buño SCD – SCD Malpica, grupo B da categoría masculina
11.30h. Fisober FSF – Buño SCD, grupo único da categoría feminina
12.00h. AD Atletes – Soneira SD, grupo único da categoría feminina
12.30h. Corme CF – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina
13.00h. Buño SCD – Muxía CF, grupo B da categoría masculina
13.30h Fisober FSF – AD Atletes, grupo único da categoría feminina
14.00h. Buño SCD – Soneira SD, grupo único da categoría feminina
14.30h. Sporting Seaia – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina
15.00h. SCD Malpica – Muxía CF, grupo B da categoría masculina
15.30h. Fisober FSF – Soneira SD, grupo único da categoría feminina
16.00h. Buño SCD – AD Atletes, grupo único da categoría feminina
16.30h. 5º e 6º posto da categoría masculina
17.00h. Primeira semifinal da categoría masculina (1º grupo A – 2º grupo B)
17.30h. Segunda semifinal da categoría masculina (1º grupo B – 2º grupo A)
18.00h Primeira semifinal da categoría feminina (1º grupo único – 4º grupo único)
18.30h Segunda semifinal da categoría feminina (2º grupo único – 3º grupo único)
19.00h. 3º e 4º posto da categoría masculina
19.30h. 3º e 4º posto da categoría feminina
20.00h. Final da categoría masculina
20.30h. Final da categoría feminina
21.00h Entrega de trofeos

Esta nova iniciativa, posta en marcha pola Asociación Deportiva Vidú de Corme, tratará de fomentar, ano tras ano, unha modalidade deportiva practicamente inexistente na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro.

Comentarios