Venres. 29.03.2024
El tiempo

Diego Dourado e Toni, dous porteiros nos tribunais

Diego Dourado e Toni, dous porteiros nos tribunais
O domingo en Mazaricos temos un partidazo. O líder incontestable da competición recibe ó 5º clasificado, un Cerqueda en alza, que suma 4 vitorias seguidas e que se presentará no Pino do Val cheo de moral. Gran parte de culpa do éxito de ambos equipos está na súa portería. Estamos a falar dos dous porteiros menos goleados da competición, Toni e Diego Dourado. Ambos están a facer unha gran tempada. O dato curioso é que ademais de unilos o dato da portería, teñen en común outro feito: ambos traballan nos xulgados e tribunais da zona, como avogados ou procuradores, e non só se atopan nos campos de fútbol. De feito, Diego Dourado ten unha columna nas FirmasQPC como Gardamallas da Xustiza. Xuntámolos por un día e isto nos contaron sobre a súa profesión e sobre o fútbol. QPC - Que esperades do partido do domingo? DOURADO: Un partido cerrado, con poucas ocasións de gol por parte dos dous equipos, no que o que a efectividade o decante para un ou outro lado. TONI: Espero un partido moi disputado donde nós xogámonos seguir arriba tendo a vantaxe sobre Estereina, Corme e Baiñas e sabemos que non podemos fallar moito máis despois de empatar en Lira. Diego Dourado, un seguro de vida na porta do Cerqueda QPC - Que opinión vos meceré o rival do domingo? DOURADO: O Mazaricos é un equipo de gran seriedade defensiva, moi potente a balón parado e que se desenvolve moi ben en marcadores axustados. TONI: O Cerqueda é un rival moi serio, leva poucos goles en contra e está en racha nos últimos partidos, así que virá a Mazaricos con moitas ganas de levar o partido. Son moi competitivos e con xogadores con experiencia na categoría. QPC - Cal é a vosa opinión sobre o porteiro que ocupará a meta rival? DOURADO: Despois dos anos en Cabana e Buño, non esperaba a súa fichaxe en Mazaricos. A nivel deportivo, creo que Toni e un porteiro moi regular, que as súas cualidades e experiencia, permite manter unha liña que á larga da puntos aos seus equipos, e non cae nos altibaixos de porteiros máis xoves. TONI: Esta tempada é un dos menos goleados e eso quere decir que está facendo as cousas ben, ten cualidades para ser un dos mellores da categoría. QPC - A vosa profesión, será a vosa prioridade, supoño.  Interfírevos moito o fútbol nela? DOURADO: A profesión que eliximos cada un, vai interferir sempre en situacións que denominamos como secundarias. Unha das razóns polas que eu sigo xogando ao fútbol este ano, é que o meu equipo me permite compaxinar os adestramentos co meu traballo. Polo que entre o club e o meu compañeiro Richard, que è un gran porteiro e alternamos partidos, non supón problemas a nivel organizativo. TONI: Pois a verdade e que pouco interfire porque por sorte permíteme ir adestrar. O que se nota e que levas as preocupacións contigo pero gracias ó fútbol permíteche desconectar e acabar o dia moitísimo mellor. Toni está a facer unha gran campaña en Mazaricos QPC: Tivestes algún caso no que se mezclara o fútbol? DOURADO:  Algún dos meus compañeiros, como algún rival, son clientes do despacho, a cercanía e coñecerte, adestrar e xogar xuntos, fai que nalgúns casos teñamos unha accesibilidade alta para con eles. TONI: Gracias ó fútbol coñeces a moitísima xente e claro que tiven casos con compañeiros, e un dos nosos socios é experto en dereito deportivo e levamos con éxito varios casos relacionados con fútbol. Estou moi agradecido ó fútbol por todo o que me aportou tanto laboral como persoalmente. QPC - O rigor que merece a profesión de abogado, è aplicable a de porteiro? DOURADO: Non, parécenme labores moi distintas, pero a ambas creo que lle é aplicable ter unha gran personalidade. TONI: Claro que intentas trasladar a profesionalidade e seriedade que tes á hora de traballar ó ámbito deportivo, buscar ser conciliador cando estás con un problema con un compañeiro ou solucionar todo o que se che vai poñendo por diante no día a día QPC - Respetades máis ós xuíces ou ós árbitros? DOURADO:O respeto é atribuible a ambos polo cal non vexo diferenciación. TONI: Jajaja, ós xuíces, por suposto, aínda que os árbitros tamén deciden moito e sínteste frustrado coas súas decisións xa que non tes posibilidad de recurso algún ,bastante teñen con facelo nas condicións que o fan sin linieres, e nos este ano estamos tendo bastante bos arbitraxes. QPC: A vosa vocación é a portería ou o despacho? DOURADO: Ningunha das dúas, porteiro non porque xoguei mais de quince anos ó baloncesto e ó hoquei, o fútbol chegou por casualidade e búsqueda de competición como senior. A avogacía foi o froito da carreira de empresariaiss e posteriormente dereito que foron as dúas vías que me gustaban de cara ó futuro. Ata o segundo ano de dereito, nunca pensei en traballar neste ámbito. TONI: Quizáis sexa máis porteiro vocacional, levo 24 anos facendoo, que avogado, que levo algún menos. Pero tanto nun como noutro lado é algo que me gusta mellorar e facelo o mellor posible. Motívame despois de tantos anos e non me gustaría facer outra cousa que non fora isto.

Comentarios