Martes. 02.03.2021
El tiempo

Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte

Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte
O Clube Arte e Movemento tiña unha doble cita co deporte a pasada fin de semana. O sábado celebrábase en Boiro a Fase Autonómica da Copa Xunta de Galicia de Taekwondo, para a cal se conseguiron clasificar 11 deportistas do clube. Alí estiveron este sábado os clasificados, con poucas espectativas de acadar o podio pero finalmente 2 de eles alzaronse co bronce. Estes foron Zaira Dominguez (Cee) e Jose Ramon Haz (Muxía). Igual de contentos remataron os demais deportistas, xa que algun deles rematou co 4º posto, que non esta nada mal tendo en conta que na fase provincial xa eran de 30 a 40 rapaces por grupo, e os participantes eran os mellores de cada provincia, con grupos de 12 rapaces.

Trofeo de Baile Cidade de Pontevedra

Ademais, o Trofeo Cidade de Pontevedra celebrouse o domingo, onde participaron 2 parellas do clube acompañados polos seus entrenadores. A parella fomada por Roberto Ezara e Patricia Tuñez (Cee), acadou o 3º posto en adulto I C Standard e o 2º posto en Latino. Ademais Diego Rivadulla e Ariadna Leis (Carnota-Cee) acadaron o 2º posto en adulto I B standard, e con esta puntuacion ascenderon a categoria A nacional.

Vindeira cita

A proxima cita para o Taekwondo sera o 18 de decembro no Campeonato Galego Absoluto 2011, ó que acudira Juan luis Lista (Muxia), que participara por primeira vez para este título.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

comentarios