Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Doble liderato para a familia irmandiña do tenis de mesa

Doble liderato para a familia irmandiña do tenis de mesa
Oroso TM - AD Zas Dimobel Bazar Baio O AD Zas Dimobel Bazar Baio, á dereita, xa é líder da 2ª Galega
Despois desta xornada dous equipos da Costa da Morte comandan a clasificación dos seus grupos nas ligas galegas de tenis de mesa. O AD Zas Construcciones Cernadas en 1ª galega e o AD Zas Dimobel Bazar Baio en 2ª galega. Ademais, a xornada deixou a primeira vitoria do AD Zas Ponciano Nieto en 2ª Nacional masculina.

2ª División Nacional, grupo 1

  • Helios Bembrive TM  - AD Zas Ponciano Nieto. (3-4)
Importantísima vitoria do AD Zas Ponciano Nieto (Miguel Rey, Martín París e Brais Blanco) en Vigo ante o Helios Bembrive que tamén estará na loita por evitar o descenso. Consiguen así a súa primeira victoria e xa na 3ª xornada o que lles dará moitos ánimos para os vindeiros compromisos.  Presentábanse os zasences coas baixas de Gonchu e Edu Quintela polo que tivo que xogar Miguel Rey que a postre foi clave pois fixo os dous puntos individuais e no dobre, tamén Brais estivo fenomenal nos seus individuais, gañando un. No dobre foi donde mellor estiveron tanto Brais coma MIguel non dando opción aos locais.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Afer Formación Rábade - Concello de Mazaricos (4-2)
Afer Formación Rábade - Concello de Mazaricos Afer Formación Rábade - Concello de Mazaricos
Notouse moito a baixa de Miguel Rey, que ao ter que xogar co equipo de 2ª Nacional non podía participar como xogador, pero si estivo como adestrador, na mesma fin de semana con outro equipo. Pero con todo os mazaricáns Álex Blanco, David Vilariño e Javi Rodríguez deron a cara e loitaron para dar a sorpresa, pero de momento ainda lle están collendo o ritmo a esta competición. Os bos resultados xa virán, que para eso están entrenando forte.

1ª División Galega, Grupo Centro

  • AD Zas Construcciones Cernadas - Liceo Noia D  (4-0)
Outro encontro doado para os de AD Zas Construcciones Cernadas onde os de Noia puxeron todo o seu saber  e como recen ascendidos aínda non están ao nivel dos zaseiros Ana García, Luís Azevedo e Raúl López. De momento oa AD Zas Construcciones Cernadas leva tres de tres e todos polo mesmo resultado 4-0 que mostra o nivel alto de competición. Moi ben Ana, Raúl e Luis co xogo serio en todo momento e con moito respeto cos rivais.

2ª División Galega, Grupo centro

  • Hipica Coruña - VTM Pinturas Figueiras (4-2)
  • Oroso Peluquería Tije - AD Zas Dimobel Bazar Baio  (4-3)
  • Oroso TM Trastes  - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-0)
Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada. A pesar de perder en Oroso o AD Zas Dimobel Bazar Baio (José A- Pazos, Tomás Mato e Víctor Méndez) segue ao frente da clasificación grazas a súa vitoria no outro encontro de Oroso. En canto a VTM Pinturas Figueiras (Julio Figueiras, Brais Touriñán e Nico Paz) non tivo o seu día na Coruña e non se soubo adaptar ao local de xogo, con todo os xoves xogadores seguen acumulando experiencia e mellorando no seu xogo.

Compromisos do próximo fin de semana

Arranca o sábado 20 a liga de primeira nacional femenina e farao cunha concentración en Oleiros, por outra parte o AD Zas Ponciano Nieto intentara seguir coas vitorias no seu primeiro compromiso como local.
20  OUTUBRO
No ximnasio de Zas 2ª galega e 2ª nacional masculina
15’00   VTM PINTURAS FIGUEIRAS – AD ZAS O PINAR 17’00  AD ZAS PONCIANO NIETO – Vincios Danta

 1ª nacional Femenina en Oleiros 16’00  CTM Coruña – AD ZAS ALUMINIOS XEAL 18’00  Breogán Oleiros –AD ZAS ALUMINIOS XEAL

En Santiago 17’00  Arteal TM - AD ZAS DIMOBEL BAZAR BAIO

21 OUTUBRO en Mazaricos 11’00 CONCELLO MAZARICOS – Breogán Oleiros C

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/2-vitorias-e-4-derrotas-para-a-familia-do-tenis-de-mesa-costeiro/

Comentarios