Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous costeiros titulares coa Selección Galega de volei

Dous costeiros titulares coa Selección Galega de volei

Os xogadores do Manuela Rial de volei Manuel Marcote e David Redonda seguen en Cataluña participando coa Selección Galega no Campionato de España Infantil de Seleccións Autonómicas. E as primeiras novas son positivas pois na primeira fase do campionato os dous xogadores costeiros son titulares no sexteto da selección e xa acadaron dúas vitorias e unha derrota nos 3 primeiros encontros.
A derrota foi ante a potente Andalucía por 3-0 e as vitorias ante Baleares por 3-0 e ante Extremadura por 3-1.

A participación dos nosos xogadores está sendo importante para a Selección. Manuel xoga coma colocador distribuindo o xogo do equipo e David faino coma receptor e atacante nos puntos importantes.

Con estes resultados a selección clasifícase entre os 8 primeiros equipos de España e xogarán os cuartos de final este xoves ás 18:00 h ante Cataluña. De vencer pasarán as semifinais.

Moita sorte e estaremos atentos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios