Venres. 19.04.2024
El tiempo

3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana

3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana
Equipo Senior Feminino do ES Bazarra ACB Costa da Morte Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

5 equipos da familia ACB Costa da Morte xogaban esta pasada fin de semana. Os equipos cadete masculino e feminino, senior feminino e senior masculino desta Asociación Comarcal de Baloncesto Costa da Morte, saltaban á pista colleitando unha vitoria e dúas derrotas.

2ª División Cadete Masculina, xornada 5

  • Resultado: Frutas Esther Sant-Yago - ACB Costa da Morte (72-34).
  • ACB COSTA DA MORTE: Felipe (6); Adrián (4); Cristian Marcote (7); Pedro (8); Santi (9) - quinteto inicial - Iván; Luciano; Xabier; Dani.

Partido que foi igualado ata o descanso, pero que no terceiro cuarto esfumáronse as opcións de loitar polo triunfo ante un equipo máis rodado, cun rotundo parcial de 24-0.

2ª División Senior Feminina, xornada 6

  • Resultado: Area 10 - E.S. Bazarra ACB Costa da Morte (49-23)
  • Parciais: 9-4; 12-7; 13-8; 15-4 (Acumulado: 9-4; 21-11; 34-19; 49-23).
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti (2); Sandra (8); Esther; Andrea; Melissa (2) -quinteto inicial- Iria; Yaiza (2); Ana; Sabela (2); Fani (5); Lidia (2).

Partido para olvidar das rapazas de Cee, nun pésimo partido. En ningún momento chegaron a dar sensación de querer ir a polo partido, cunha gran cantidade de imprecisións, tanto en ataque como en defensa.

3ª División Senior Masculina, xornada 6

  • Resultado: Oso Polar ACB Costa da Morte - Fontiñas (49-37).
  • Parciais: 18-4; 8-15; 9-4; 14-14 (Acumulado: 18-4; 26-19; 35-23; 49-37).
  • OSO POLAR COSTA DA MORTE : Iván (7); Deril (11); Fabián (7) (1 tripla); Miguel (4); Tinin, (13) -quinteto inicial- José; Manuel (7).

Partido, no que cunha saída no primeiro cuarto moi boa en ataque sacaron unha vantaxe que souperon manter durante todo o partido, traballando moi duro dende a defensa, sobre todo cando no segundo cuarto o equipo tivo uns minutos nos que non era capaz de anotar e o equipo de Santiago recortaba a diferencia.

2ª División masculino Cadete

  • Resultado: Frutas Esther Sant-Yago - ACB Costa da Morte (72-34).
2ª División masculino infantil
  • Resultados: ACB Costa da Morte - C.B. Arteixo (42-69).

Vindeira xornada

Na pista municipal de Cee:

  • Sábado 24:
    - 16:00h: Cadete masculino: ACB Costa da Morte - Santo Domingo de Betanzos.
    - 18:00h: Infantil feminino: ACB Costa da Morte - Universitario de Ferrol.
  • Domingo 25:
    - 12:00h: Senior feminino: E.S. Bazarra ACBV Costa da Morte - C.B. Sarria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios