Venres. 03.07.2020
El tiempo

Dúas xestas eclipsan a Copa

Dúas xestas eclipsan a Copa
A ata hai pouco impensable permanencia do Xallas e o sorprendente ascenso do Sofán a Preferente son os dous focos e desexos do fútbol da Costa, que ademais vivirá a volta dos oitavos de final O Sofán terá que marcar en Miño para cumplir o soño do ascenso á Preferente-Foto-SD O Sofán terá que marcar en Miño para cumplir o soño do ascenso á Preferente-Foto-SD Domingo ás seis da tarde. Castro de Rei na provincia de Lugo e Miño, entre A Coruña e Ferrolterra. Son os focos onde debe dirixir a mirada e os seus mellores desexos o fútbol da Costa, que ademais terá tarde de Copa e comezará a apoiar ao Sporting Zas na búsqueda de Primeira Autonómica a partir da vindeira semana, ao tempo que xa empeza a pensar na III Gala do Fútbol da Costa-QPC. Seis descenso deben terse en conta a priori na Preferente Autonómica (a promoción podería reducir un), polo que o guión case obriga ao Xallas a puntuar na casa do Castro, recén ascendido a Terceira División. Será unha festa histórica na vila lucense, pero quen non lembra como se salvou o Depor no Camp Nou? Os rivais directos dos combeses teñen deses compromisos que invitar a desafiar do seu pinchazo. A dinámica invita ao optimismo verde, pero sempre sen perder a perspectiva da dificultade. Antes, o partido copeiro de hoxe ante o Buño debe ser totalmente prescindible. 'Novatos buscan historia' podería ser, no máis respectuoso sentido da expresión, o titular para esa liga a noventa minutos que se xogan Miño e Sofán. Será o encontro máis importante da vida das dúas entidades. O empate sen goles do Carral acostuma a ser positivo de cara as voltas para conxuntos do estilo do de Josito, con táboas na resistencia e un alto índice de aproveitamento das oportunidades. O ambiente non parece que vaia superar ao vivido en terras carballesas. E mentres, precisamente coa eliminatoria do Sofán xa resolta a favor do Fisterra, haberá sete partidos máis da volta dos oitavos de final da Copa da Costa, un torneo que debería coller punch desde a vindeira fin de semana. Só o Malpica-Mazaricos (2-3), Monte Louro-Cerqueda (0-1) e Cee-Zas (1-3) parecen manter aberta a emoción, ademais do que poda facer o Seaia nun inusual horario ante a Unión Deportiva Corcubión.

Teremos tamén o ollo posto aos campións de F8. Outes, Cee e Xallas desputan as Fases Galegas Alevín, Benxamín e Prebenxamín respectivamente, buscando praza para as Fases Finais.

 

Preferente Norte, xornada 37

 

CopadaCosta, Ida dos Oitavos

Copa da Costa Volta Oitavos  

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

Fase Sofan  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

Fases  

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

Copa Cadete  

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

Copa da Costa Infantil  

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

Vopa vet  

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

comentarios