Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Dumbría acolle o sábado unha nova e esixente ruta BTT con 334 participantes

Dumbría acolle o sábado unha nova e esixente ruta BTT con 334 participantes

Se en breve coñecemos a proposta ciclista do Concello de Carnota para a semana santa, hoxe lembramos que estes sábado día 17 arrinca a 2ª Ruta BTT Concello de Dumbría, unha ruta moi desexada polos amantes deste deporte. Logo do éxito do ano pasado, tanto na participación coma no percorrido da ruta, nesta ocasión houbo que ampliar as prazas debido a grande demanda existente.

Os participantes acuden de distintos puntos da nosa bisbarra e toda a comunidade autónoma, de diversos clubes, idades e tamén destacar a presencia de 4 mulleres nun pelotón que rodará con 334 participantes.
Os ciclistas farán un percorrido de 40 km, cunha dificultade media. A organización contará con 2 puntos de avituallamiento, o 1º deles obrigatorio na pedra cabalgada do Logoso. O 1º tramo será controlado pola organización sendo libre o 2º.

A organización controlará a ruta con varios quads, motos e todoterreos, sendo protección civil os encargados de ordenar os distintos cruces que conleven algún perigo. O tempo que se estima para finalizar o percorrido é dunha media de 4 horas.

Os ciclistas participantes teñen que presentarse nas instalación deportivas do Novo Conco, para retirar o respectivo dorsal e firmar a solicitude entre as 9,00h e as 9,30h. A saida realizaráse as 9,45h. A cinta de saida será cortada por José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría e Presidente do clube de ciclismo local, e Javier Guillén, Director xeral da Volta a España. Abraham Olano, que nun principio participaría na ruta non pode asistir por motivos persoais.

Unha vez finalizado o percorrido, os deportistas desfrutarán dun xantar que consta de: ensalada de pasta e unha ración con churrasco, panceta e chourizo criollo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios