Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría acolle unha proba dos Campionatos Galegos de Slalom

Dumbría acolle unha proba dos Campionatos Galegos de Slalom

Un ano máis, Dumbría ten o privilexio de organizar os Campeonatos Galegos de Slalom para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterán. O lugar será o Campo de Slalom do Couquiño, en Olveira, os vindeiros 24 e 25 de setembro.

Os principais favoritos para facerse co título por clubes son o CDM Teixugos, ainda que Vamiñor, Quixos de Monforte e Tea de Mondariz poderán roubarlle o primeiro posto no podio nunha competición de de antemán se presenta igualadísima entre estes catro clubes.

En canto o CDM Piragüismo Dumbría, non ten aspiracións neste campeonato a facer un gran posto por clubes, debido á xuventude do clube, pero individualmente Marco Oreiro debería de facer un bó posto no C1 cadete, e Andrea Perez é a clara favorita na catería xuvenil. Máis complicado o terá Aarón Nuñez no K1 senior, pero xogando en casa, debería de estar moi cerquiña das medallas. Laura Antelo e Iván Pérez completan a participación do clube dumbriés.

Programa do sábado 24 de setembro

Comentarios