Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dumbría Cadete: Pura poesía

Dumbría Cadete: Pura poesía
edu foi o home do partido no Dumbria Cadete-Foto-Jorge Parri

Tarde de sol no Conco para recibir ao Orillamar, outro dos equipos que quere saír dos postos baixos da táboa desta División de Honra Cadete. Outro óso duro de traballar para este Dumbría de Juan e Joaquín que segue facendo do seu xogo e dos seus resultados unha auténtica poesía, poesía que escribe sobre o terreo de xogo e deixa á afección fin de semana si e fin de semana tamén cun sabor de boca moi doce e moi agradable.

Dumbría - Orillamar (3-1)

Dumbria Cadete -Foto-Jorge Parri
  • Dumbría: Gabriel, Miguel, Rachón, Pablo, Kanario, Jose, Borja (Abuelo, min.74), Mauro (Gonzalo, min.48), Juan de Dora (Luis, min.27), Edu, Isma (Senlle, min.68) .
  • Goles: 1-0, min.41: Pablo. 2-0, min.48: Edu; 2-1, min.53; 3-1, min.73: Edu.

Empezaba o encontro cun Dumbría enchufadisimo cunha ocasión aos 2 minutos de empezar o partido que para o porteiro tras unha magnifica intervención. Gran tarde a do porteiro do Orillamar, que si non chega a ser por el, o marcador sería outro distinto. Pasaban os minutos e o asedio dos dumbrieses sobre a porteria contraria sería terrible, pero os goles non daban chegado. Acabaría a primeira parte con empate a 0, iríanse ao vestuario con cara de poucos amigos os xogadores de Juan.

A segunda parte non podía empezar mellor, un tiro desde o medio do campo de Pablo, cun pouco de fortuna acabaría no fondo da portería e subiría o primeiro gol ao marcador Dumbriés. As cousas poñíanselles de face moi pronto. Pouco despois un bo tiro de Edu desde a frontal do área poñería o 2-0.

O Orillamar seguiría pelexando por levarse algo do Conco e chegaría o seu gol no min.53 tras unha gran xogada. Este gol encheríaos de forza e viríanse arriba para facer sufrir aos de Dumbría, pero un inspirado EDU na tarde de onte arrebataría esta ilusión de remontada para os de Coruña. Un Edu que tras tirar un libre directo que pegaría na barreira e o posterior rexeite que cae nas súas botas e cun tiro seco e raso bate ao porteiro e pon o 3-1 co que finalizaría o encontro.

Rachon durante o partido do Dumbria cadete-Foto-Jorge Parri

Crónicas do Dumbría

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios