Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría colle o relevo do Cabana nos torneos de Fútbol Base

Dumbría colle o relevo do Cabana nos torneos de Fútbol Base

Tralo Torneo de Cabana de Fútbol Base (abaixo o repasamos), será Dumbría o centro das categorías inferiores. Este sábado 30 de xuño, o Conco acollerá o II Memorial Manuel Andújar, cun Torneo de Fútbol 8 en categorías benxamíns e alevíns.

E o fai celebrando os ascensos á Liga Galega dos seus infantís e cadetes, todo un logro para a canteira do Dumbría CF.

Así, este sábado 30 de xuño, os equipos de Fisterra, Cabana, Corcubión, Victoria, Cee, Os Miúdos, Racing de San Pedro e Sporting Coruñés pelexarán por un novo torneo estival (ollo que hai moitos neste verán...).

Dende as 10:00h da mañá as instalacións do Conco serán un fervedoiro de nenos e pais e nais, digno de disfrutar.


Torneo-Futbol-Base-Dumbria-Memorial-Andujar 2012

Torneo de Cabana

Esta fin de semana As Redondas acollían unha das citas máis importantes do fútbol base da Costa da Morte. Unha das referencias na materia, o Cabana, organizaba o seu IV Torneo de Futbol Base, e o campo rexistraba unha gran entrada para ver as promesas do fútbol da Costa e do norte da zona.

Finalmente os nosos sucumbiron ao potencial dos Meicende, Arteixo ou Paiosaco, e os Fisterra, Dumbría ou Cabana non puideron facerse máis que cos 3º e 4º postos. Estes foron os resultados:

  • En benxamíns os campións foron os de Meicende, que venceron ao Paiosaco por penaltis. 3º quedou o Fisterra, por diante do Dumbría.
  • En alevíns, o campión foi o Arteixo, que deixou unha imaxe espectacular nas Redondas, e venceu ao Cabana. O Fisterra quedou tamén 3º vencendo igualmente ao Dumbría.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios