O Dumbría segue protagonizando un comezo histórico na Liga Galega Cadete
13:42 16/10/18
O Dumbría Cadete é líder da Liga Galega - Foto: Cris Rodríguez
Nova xornada feliz para a familia dumbriesa nas Ligas Galegas, que protagonizan un espectacular comezo de tempada.
Triunfo sufrido e importante dos Xuvenís en Lugo ante un sempre potente Residencia, que permite aos de Pablo Conde e Joaquín subir ata a 7ª praza, con 11 puntos.
Pola súa banda, os cadetes seguen facendo historia e seguen líderes en solitario tras sumar a 6ª vitoria en outros tantos partidos. Os de Nando e Canario superaron ao filial lucense, e ao vento, conseguiron remontar e vencer con solvencia.
Liga Galega Xuvenil, xornada 6
- Resultado: Residencia - Dumbría (1-2)
- Dumbría: Isma, Xan, Álex Sendón, Berto, Gusa, Brais Fdez., Brais Martínez, Samuel, Diego, Adri e Brandon. Tamén: Carlos, Mario, Jhoni, Dylan e Lucas.
- Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.70: Brais Fernández; 1-2, m.80: Diego Estévez.
Liga Galega Cadete, xornada 6
- Resultado: Dumbría - Lugo B (4-1)
- Dumbría: Rubén; Nico, Alex Díaz, Leo, Anxo, Martín, Dani, Raúl, Íker, Lucas Toba, Alex Castro. Tamén; Santi, Iago, Lucas Carballo, Ángel e Carlos.
- Goles: 0-1, m.6; 1-1, m.12: Martín; 2-1, m.25: Leo; 3-1, m.32: Raúl; 4-1, m.71: Íker.