Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Durísima competición do Piragüismo Dumbría na Canle Olimpica de La Seu

Durísima competición do Piragüismo Dumbría na Canle Olimpica de La Seu

Durísima a competición de esta fin de semana en La Seu de Urgel, que chegaba con ilusión logo do primeiro podio por clubes colleitado en Padrón. Pero unha proba olímpica é moito máis esixente, e así o comprobaron os novos palestas costeiros.
Por un lado o caudal da Canle Olímpica, con un puntiño de auga menos do que ven sendo habitual, o que curiosamente o volve máis enganchón e dificil; e por outro un percorrido que parecendo a primeira vista moi sinxeliño, se revelou coma unha cadea de trampas para os participantes, posto que os trazadores diseñaron un percorrido no que obligaba a pasar ós competidores por todas as trampas que a canle encerra para os palistas.

As penalizacións de 50 segundos e os volcos eran o pan noso para gran parte dos participantes, e os galegos, que son os menos afeitos a competir na canle por cuestións de distancia quilométrica (os vascos son habituais nas competicións de Copa Catalana, por exemplo) foron caendo en todas as trampas que o trazador tendera os participantes.

Finalmente só 6 galegos foron ques de clasificarse para as finais, i entre eles se atopaba Iago Canosa, o kaiaquista do CDM Piragüismo Dumbría. Finalmente rematou 10º, loitando moitísimo co percorrido, pero demostrando que ten o que hai que ter para triunfar neste deporte.

En canto o resto da participación, Aarón Núñez e Xabier Trigo saltaron sendas portas na clasificatoria, o que os deixou fóra da final; e Marco Oreiro, a pesar de rematar 9º a súa manga, non foi quen de superar o peche de control.

Vindeira proba

A vindeira competición da Copa de España terá lugar en Padrón, os días 19 e 20 de maio, e aquí os palistas dumbrieses terán a sensación de competir en casa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios