Venres. 19.04.2024
El tiempo

En marcha un Rali de Noia que pasa de novo por Mazaricos

En marcha un Rali de Noia que pasa de novo por Mazaricos
Javi Larino e Anxo Larino Waldomar estaran no Rali de Noia Os irmáns Javi e Anxo Lariño Waldomar estarán no Rali de Noia Cartel Rali de Noia 2018 Despois do Rally da Coruña a segunda proba do circuito galego será o rali da casa. Con máis de 150 participantes este ano a 34ª edición do Rali de Noia chega moi interesante, tendo ademais como reclamo que pasará por Mazaricos. O tramo Senra Sport, será, igual que o ano pasado, determinante. Ao longo de case 20 kilómetros os bólidos percorrerán un circuíto con cruces, cambios de rasante, rectas e a obriga de adaptar a condución ás eventualidades. Desde a propia organización sinalan que este tramo, xunto co de Montemuíño, marcará as diferenzas. Aínda que a cita comeza o venres pola noite en Labarta, os coches entrarán en Mazaricos o sábado ás 9 da mañá e farán concentración na Picota a partir das 09.40h. A segunda pasada do tramo será ás 12.10h. Entre os pilotos costeiros estarán Víctor Senra con David Vázquez Liste e Manolo Senra con Alberto Rodríguez dous dos favoritos despois do seu gran espectáculo do Rally da Coruña. Ademais teremos o ceés Heri Atán e Jorge Fernández a bordo do Saxo 16V de Brena Racing e competindo pola Copa Volante FGA-PXP 19. Por fin volve ao asfalto o carnotán Anxo Lariño Waldomar, que xunto con Iria Senande, competirán co Saxo VTS de Berberecho. Tamén estará o seu irmán Javier Lariño Waldomar, con Santi Priegue, noutro Saxo VTS de Berberecho. E non faltará o ceés Manuel Lado. Pedro Castro está lesionado (polo fútbol) e non poderá asistir. Tamé faltará Ramón Louro do Ézaro. Tramo Senra Sport do Rali de Noia 2018 Tramo Senra Sport do Rali de Noia 2018-Fonte-Pe a chapa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios