Venres. 29.03.2024
El tiempo

Escolle o 11 ideal do fútbol da Costa

Escolle o 11 ideal do fútbol da Costa

Como QPC sodes vós (sodes vós os que nos permitides chegar a cada campo todos os domingos), queremos que sexades vós os que escollades aos Mellores 11 da Costa.
Abrimos así un par de votacións para escoller os 11 ideais das Ligas da Costa, isto é a 2ª Autonómica e a 3ª Autonómica da Costa.
A idea é premiar dalgún xeito aos escolidos nunha futura Festa do Deporte de QPC, que prantexaremos, con probabilidade, para finais de ano.

Podedes pasar a votar xa por oteuoncedacosta.tk. Como veredes temos varios escollidos por cada posto desta Selección da Costa da Morte. E estes escollidos non foron feitos ao chou. Foi froito dunha longa rolda de preguntas e sondaxes entre o noso Xefe de Deportes, Óscar Santos, os nosos colaboradores Alberto Pose e Manuel Varela, con numerosos adestradores, xogadores e siareiros do #futboldacosta.
Esperemos pois que non vos sintades ofendidos se non hai algún dos vosos favoritos entre os escollibles. E podedes ter claro que o fixemos dende a máxima obxectividade posible.

Vota

Así que sen máis, é o voso turno. Podes votar ata o domingo 10 de xuño dende oteuoncedacosta.tk. Iso si, procurade non votar máis dunha vez cada un (ou un par...), que se desvirtúa a votación...

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios