Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Esteirana, unha prolífica canteira

Esteirana, unha prolífica canteira
Temos o equipo senior da Esteirana unha vez mais dando guerra na Liga da Costa, xogando un gran fútbol e en boca de todos. É a Esteirana un club básicamente de canteira, que leva moitos anos dando paso a xogadores da zona, que curiosamente prefiren vestir de azulgranas en vez de aceptar ofertas de categorías superiores. Dende os lonxanos tempos nos que saiu o gran exemplo da canteira de Esteiro, Xosé Luis Vara, que agora da nome ó campo onde manexan os seus soños un montón de rapaces, ata os mais cercanos Rober Pladur, Kike Paluca e compañía, sempre saíron grandes xogadores azulgranas. E hoxe QPC acércase a Esteiro para falar co coordinador de fútbol base da Esteirana, Jose Ricardo García Rama, que nos explica un pouco como funciona a institución dende abaixo e por que se xera ese sentimento de club tan arraigado na Esteirana. QPC - En que equipos adestraches? Fun adestrador de benxamíns e alevíns no Noia co meu fillo maior. Unha vez que este pasou a infantís quixen deixalo pero logo tiven que volver cos benxamíns porque non había quen os collera e eu tiña o meu pequeno. Logo viñemos para Esteiro cando este era infantil e Kiko convenceume para levar os infantis, e esta e a terceira temporada como coordinador. QPC - Cal é a actual estructura en fútbol base da Esteirana? En xuvenis temos a Josiño Alves, que está no seu primeiro ano de adestrador. En cadetes está Gustavo, que estaba nos infantís o ano pasado, en infantís temos a Rober Pladur, e axúdalle David, xogador do xuvenil. En alevíns temos a Cheñe, e en benxamíns Codesido, xogador do senior. En prebenxamíns Pachín, que é o primeiro ano que adestra. O equipo alevín QPC - É tremenda a afición que hai ó fútbol en Esteiro. Percibídelo no fútbol base? Polo que puden ver eu aquí desde que cheguei a Esteirana, a afición polo fútbol e enorme e esto pódese ver todos os domingos, entre os siareiros hay un número enorme de rapaces que teñen a ilusión de poder chegar ó primeiro equipo e esto ven dende sempre. Os rapaces van ó fútbol dende pequenos e xa continúan acudindo ó Xose Luis Vara de por vida. QPC - Cantos rapaces tedes este ano en base? En canto o número actual de rapaces que temos nas categorías inferiores pode ser de 90. Cada vez costa mais poder competir en todas as categorías xa que hay menos chavales que antes e de feito o ano pasado dubidamos se inscribir ós cadetes xa que eran 10 e o final acadaron a Copa da Costa. Os infantís adestrados por Pladur QPC - Ese magnífico equipo xuvenil que tedes asegura o relevo no senior? O ano pasado tiñamos unha plantilla senior moi xusta e por encima con moitas lesións. Esto levou a que Lodeiro tirara dos xuvenis. De feito, do equipo actual xogaron cos mayores uns 10 xogadores, o que supuxo para eles un bo aprendizaxe e que poden subir perfectamente ó equipo senior. QPC - Por que o xogador de Esteiro non marcha hacia categorías superiores, tendo calidade suficiente para facelo? Os rapaces levan xogando xuntos desde pequenos e teñen ganas de seguir así cando sean senior e ademais para a xente de Esteiro son como ídolos. Como anécdota coméntoche que meu fillo me cometou moi sorprendido que o saludaba moita xente que él non conocía. Además tamen hay moitos xogadores en equipos grandes con moito calidad como MJ, seu irman Jorge, ou Raúl, Kike.... O equipo xuvenil, que está dando que falar   O benxamín

Comentarios