Venres. 29.03.2024
El tiempo

Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia

Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia

Dúas propostas diferentes dende logo. Unha en Esteiro, Muros, cun auténtico campionato entre Barrios. Outro en Tordoia, cun tremendo Maratón de Fútbol 7 con premios de vertixe.

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

Unha cita con solera, que enche máis o Xosé Luís Vara que a mesma final de Copa. Toda a vila, e parte do estranxeiro, participa nesta liga estival, que fai que o verán non bote de menos o fútbol.

En breve coñeceremos como son os calendarios deste 35º campionato. E máis do de mulleres, que o ano pasado levou o Canchestertras vencer ás Ciclons na tanda de penaltis.
Esperemos que os equipos Abelleira, Canchester, Carallo Santo, Ciclón´s, Independiente, Praias e Tal nos dean un bo espectáculo.

Maratón F7 en Tordoia

Ademais, o fútbol da Costa xa mira ao V Maratón de Fútbol 7 de Tordoia. I é que toda a zona do Xallas está moi vencellada a Tordoia, e levan moitos anos participando aló. Os premios, de vertixe: 1.900€ para o vencedor, 500€ para o 2º e 300€ para o 3º.

A inscrición custa 100€ e se poden inscribir ata o 29 de xuño na Cervecería Brincadeira, cando será o sorteo ás 22:00h, no 669 144 130 / 626 388 154.

V Maraton de F7 de Tordoia 2012

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios