Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Eu de Zidane non teño nada"

"Eu de Zidane non teño nada"
Aínda que non lle gustan as comparacións cos profesionais, o certo é que a historia de Óscar Suárez en Verdillo é dalgún xeito a dun mito que ten superado calquera barreira: durante quince anos encargouse de ser dianteiro de referencia, e no seu segundo ciclo no banco ten acadado o ascenso Oscar Suarez adestrador do San Lorenzo Óscar Suárez, adestrador do San Lorenzo Dicir Óscar Suárez Serrano (Feira de Verdillo, 1974) é pensar nas Pedreiras, no gol ou no éxito no banco. E dalgún modo tamén nun San Lorenzo de Primeira. O exitoso ciclo de comezo de siglo tiña ao espigado ariete como referente ofensivo, mentres que o retorno á categoría provincial ten chegado no seu retorno ao asento técnico das Pedreiras. Non lle gustan as comparacións con Zidane nin con ningún profesional, pero se algún mote logo ten ben merecido é do exorcista ou bruxo de Verdillo, capaz de rematar cun meigallo que tería acabado coa moral do máis optimista. Agora, o novo reto, confirmada a continuidade, pasa por asentar a este grupo de amigos da casa alén das ligas locais. O San Lorenzo en Primeira, seguro que é algo que lle trae boas lembranzas... Si, por suposto, aínda que eu naquela época non estaba no equipo, andaba por Cabana, voltei xusto ese ano para xogar a Copa, pero puden disfrutar despois de catro tempadas en Primeira con catro adestradores diferentes, do que aprendimos todos un pouco. Daquela foi unha estancia longa na categoría, cal foi o segredo? Sempre tivemos un bo plantel, quizais non tanto o último ano, pero o segredo era sen dúbida a ilusión coa que afrontabamos tódolo prtidos, e disfrutar dos campos aos que nunca fora xogar a SD. É este mellor ou peor equipo que aquel? Eran equipos diferentes, claro está, pero os dous moi competitivos, calquera dos equipos daquelas tempadas estaría sen problema nestes momentos en Primeira. Mito de xogador, heroe no banco… o de Zidane de Verdillo non vai desencamiñado! Non son ningún heroe, puden xogar quince tempadas na SD, das que disfrutei de todas, unhas máis e outras menos, evidentemente, pero cando adestras un grupo de bos futbolistas as cousas son máis sinxelas para acadar os éxitos, de Zidane non teño nada, non me gustan as comparacións dos deportistas de élite cos do noso nivel, non ten sentido. Senta diferente triunfar na casa? A verdade é que non triunfei en ningún lado, así que non podo comparar; chámolle triunfar a acadar algún título ou ascenso; en categorías inferiores co Bergantiños si que caeu algunha, pero o certo é que acadar un ascenso diante da xente que queres e levas tantos anos vendo cada domingo pois sabe dun xeito especial. Era unha losa psicolóxica para os rapaces o dos dous anos anteriores? En certos momentos da tempada pode ser que se pense niso, non pola miña parte, pero según se achegaba o final de Liga o equipo tiña fe cega en que este era o ano, pero eso ten máis mérito aínda, sabendo que o equipo levaba dúas tempadas morrendo no intento. Como solucionamos iso dos equipos ascensor entre a Liga da Costa e a Primeira Galega? Eu non teño a solución, simplemente descenden os equipos que o merecen e cando toca un da Costa é o que hai; tamén o tema dos arrastres doutras categorías inflúe en ocasións, e perdes a categoría sen merecelo deportivamente. Que melloraron na segunda volta respecto á primeira? Sempre tentamos facer o mesmo estilo de xogo; collemos unha boa dinámica e fomos quen de mantela no tempo ata final de tempada; a chegada de Mario en xaneiro tamén deunos máis alternativas no xogo, polo que estamos a falar dun dos mellores xogadores da categoria sen dúbida. Canto vai mudar o San Lorenzo da vindeira tempada? Nestes momentos non o sei, aínda está todo moi recente e teremos que falar con tódolos xogadores, aínda que eles xa saben que se é por min están todos renovados, cousa que dixen no último partido en Ponteceso O Bergantiños xogando o playoff a Segunda B, o Sofán en Preferente e vostedes en Primeira, que pasa en Carballo? Será porque os tres equipos teñen bos grupos, cada un na súa categoría, pero se me permite creo que o noso ten máis mérito por ter feito un equipo a coste cero, nós non podemos sondear o mercado, e iso á hora de fichar é complicado; temos que ofertas outras alternativas aos xogadores, pero unha vez están en Verdillo custa moito saír polo trato recibido Que vai ser de Óscar Suárez no futuro? A curto prazo organizar a vindeira tempada, porque seguirei para a 17/18, mirar os xuvenís que acaban e poder facer algunha fichaxe para afrontar a liga en Primeira Galega da forma máis ilusionante posible.

Comentarios